Un combinado da Asociación Galega de Xogadores de Fútbol Sala proclamouse gañador do tradicional torneo de Nadal celebrado esta fin de semana no pavillón municipal das Pontes ó vencer na quenda dos penaltis á selección da liga local pontesa. No recinto deportivo pontés déronse cita uns cen espectadores.
O resultado final foi de empate a sete goles nun partido no que sempre foi por diante a selección pontesa, que ó descanso gañaba por dous goles a un. A falta de poucos minutos para o final o resultado era de 7-3 a prol do seleccionado pontés o que facía pensar nun triunfo local. Pero, a relaxación dos ponteses e a reacción do combinado galego fixo que o resultado final fora de empate a sete tantos. Na quenda dos penaltis o combinado galego marcou tres por un os ponteses.
Xogaron pola selección local Harry, Óscar Pérez, Aitor, Iván, Chavo, Fran, Roi, Peña, Tomás e Ito. Polo combinado galego estiveron na pista Nico (Cidade de Narón), Yes (Cidade de Narón), Javi Albendiz (Ventorrillo), Ivancho (Cidade de Narón), Javi (Santiago), Jacobo (Parrulo), Víctor (Parrulo), Buxía (5 Coruña) e Óscar (5 Coruña). Marcaron pola selección pontesa Aitor, en tres ocasións, Iván, Roi, Peña e Tomás, e polo combinado galego Ivancho (3), Javi (2), Víctor e Óscar.
Ó final do partido o concelleiro de xuventude, Jesús Tembrás, fixo entrega dos trofeos ós dous equipos, así como a Aitor, considerado o mellor xogador do torneo.
Nova cortesía de A.F.