Nove persoas foron as agasalladas no último sorteo da campaña Merca nas Pontes o pasado 4 de xaneiro no que se repartiron un premio de mil euros e oito premios de cen euros. O listado de gañadores pode consultarse na www.mercanaspontes.com. Estes afortunados/as recibirán os premios en forma de vales de compra para gastar durante os vindeiros días nos establecementos participantes da campaña.
Ese mesmo día tivo lugar a gala solidaria na que actuaron as escolas de baile da localidade e fíxose entrega tamén ao concelleiro de servizos sociais do donativo de trescentos euros que a Asociación de Empresarios e Comerciantes fai ao banco local de alimentos.
Ao final, un total de dezaoito persoas foron as premiadas durante toda a campaña que comezou o dez decembro e que rematou o pasado venres co sorteo final, repartíndose uns setenta mil boletos e máis de dous mil cincocentos euros en premios.
A entidade organizadora quere agradecer aos establecementos participantes o seu esforzo para participar nesta campaña e a fidelidade dos clientes nos nosos comercios. Asemade, agradecemento tamén para as organizacións que colaboraron na mesma.
Novas
- NOTA DE PRENSA do BNG: As Pontes queda sen as axudas de transición xusta
- O ADESTRADOR PONTÉS MARCO ROCA PREMIADO NA GALA DO “DÍA DO ADESTRADOR” DA RFGF
- O PONTÉS ANTONIO POLO CONSIGUE DÚAS MEDALLAS NOS MUNDIAIS DE MARATÓN
- Dos de los cuatro grupos de la central térmica de Endesa cerrarán y los otros seguirán operativos de forma temporal
- TRAVESÍA DA COSTA AS PONTES 2022
- Xuntos por As Pontes – Setembro 2022
- MALENA MIERES FICHA POLO REAL BETIS FÉMINAS
- Teresa Ribera dice que no será necesario reactivar As Pontes “a no ser que haya una acumulación de catástrofes”
- Luz para As Pontes: Bruselas plantea subvencionar la producción con carbón
- La central de As Pontes no se cierra
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios