TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – C.D. DORNEDA (1-2)

Presentábase o Dorneda no Campo do Poboado en claro ascenso, con 15 puntos obtidos nos 9 últimos encontros, e cun bo plantel, os ponteses Adrián e Elmer, os ex xogadores do As Pontes, Juan, David Vidal, Jordi, e tamén Efrén, Chequi ou Dani Deza, e antes desta xornada marcaba o cadro de Oleiros a criba do descenso.
A pesar da importancia dos puntos ante un rival directo, comezou o As Pontes moi mal e en só quince minutos o partido xa estaba case perdido. O Dorneda, que necesitaba máis os puntos, saíu a polo gol e no minuto oito David Vidal centra dende a banda esquerda e Chequi en situación límite e coa caña preparada marca o 0-1. No minuto dezaseis repite tras un centro chut dende fóra da área que sorprende por alto a Kiko e cólase polo escuadro tras bater no pau. Dous zarpazos visitantes e os locais cos malos hábitos de épocas pasadas.
Pouco despois marcou Arias pero o asistente sinalou fóra de xogo. Nos últimos dez minutos antes do descanso o As Pontes foi a polo gol pero o balón non entrou. A ocasión máis clara, un disparo do gladiador Nano –o mellor dos ponteses xunto a Bossa- que rexeita Manu, recolle Dani a medio metro da porta e volve parar Manu dende o chan (39´).
Nada máis comezar o segundo tempo, puido marcar Eloy, cando quedou só ante Manu pero tiroulle o balón ó corpo (51´). Despois, unha cabezada cara atrás de Arias marcha fóra por pouco (54´). Aínda así, as cousas semellaban poñerse máis de cara para os locais coa expulsión do xogador pontés Elmer no minuto 59 por dobre amoestación.
cdaspontes


Manolo García botou o equipo para arriba e o As Pontes embotellaba ó cadro oleirense, pero non había maneira de que balón entrara na portería visitante. No 74´ un centro chut de Iván González, case o despexa Juan cara a súa propia porta, e no minuto 76 Nano mandou o balón ó pau. Co As Pontes desbocado, as contras visitantes eran mortais e así no 78´ Chequi plantouse só, salvou Kiko como puido e o posterior rexeite mandouno ó poste. Volveu quedar Deza só no 80´ pero entre Kiko e un defensa salvaron a papeleta.
Ata que por fin despois dun saque de córner botado por Bossa cabeceou Eloy ó fondo das mallas, dando esperanza ó cadro local cando aínda faltaban dez minutos para o final.
Nun toma e daca, a ocasión máis clara chegou no 88´, cando Eloy se volveu a plantar só e mandou o balón moi alto. Dúas ocasións moi claras para un dianteiro centro, aínda que tamén hai que saber desmarcarse ben para xeralas, todo hai que dicilo.
No desconto controlou Arias dentro da área pero desbaratou un defensa e a pesar dos intentos non houbo maneira e o Dorneda levou os tres puntos dun partido no que os quince primeiros minutos do As Pontes pesaron, e non hai nada que obxectar ó triunfo visitante que sae dos postos directos de descenso e ponse a só oito puntos do As Pontes. Un As Pontes que semella non lle sentou ben o parón do Nadal e seis puntos seguidos perdidos no seu campo do Poboado. O Dorneda devolveu a moeda do sucedido no partido inaugural da liga.
Agora a criba do descenso márcaa o Vilalonga con 21 puntos. Será difícil e complicado puntuar na Malata a vindeira semana, e ademais tendo en conta a que o Racing de Ferrol sairá a por todas despois da inesperada derrota do na casa do Ordes. Así que o encontro dentro de quince días no Poboado ante o cadro de Sanxenxo, que ocupa posto de descenso, preséntase como outra final.
CD AS PONTES (1). Kiko, Esmorís (Eloy 45´), Nano, Chote, Rochela, Piña (Dani 4´), Iván González, Bossa, Arias, Cañizares (Dieguito 72´), Pablo Domínguez
CD DORNEDA (2). Manu, Alfonso (Cristian 65´), Juan, Adrián Bouza, Dani, Elmer Bouza, Martín, David Vidal, Efrén (Dani Deza 78´), Jordi, Chequi (Paulo 93´).
GOLES: 0-1, Chequi (min. 8). 0-2, Chequi (min. 16). 1-2, Eloy (min. 80).
ÁRBITRO: Óscar Carballo Vázquez (Lugo), auxiliado nas bandas por Rañón Vilela e Fernández Vázquez. Amosou tarxeta amarela a Kiko, Esmorís, Nano, Pablo Domínguez, Elmer, Jordi, Deza. Expulsou por dobre amoestación a Elmer, do Dorneda (min. 59).
CAMPO E INCIDENCIAS: Campo de O Poboado cuns 200 espectadores nas gradas en tarde chuviosa. Retirouse por molestias David Piña nada máis comezar o encontro.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios