TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES VILALONGA F.C. (1-1)
Ó As Pontes non lle está sentar nada ben o inicio da segunda volta, xa que logo de tres derrotas seguidas, dúas na casa, na tarde-noite de hoxe non pasou do empate diante dun Vilalonga ata hoxe en posto de descenso directo; pero, que no Poboado fixo méritos para levarse un punto despois de que o partido rematase con empate a un gol. Sen embargo, nos minutos finais o As Pontes tivo tres clarísimas ocasións para desnivelar o marcador e alzarse cos tres puntos. Pero, primeiro Eloy a centro-chut de Dieguito, enviou o balón fóra. Despois Sergio Arias mandou un balón por alto que bateu no poste esquerdo da portería de Pazos, e na máis clara, Iván González, só e a tres metros da frontal da porta mandou o balón ás nubes. Antes Jorge tivo a ocasión máis clara para o Vilalonga nesta segunda parte.
Os primeiros corenta e cinco minutos de xogo estiveron igualados con escasas ocasións para os dous equipos, agás os dous goles que subiron ó marcador e que ó final foi o resultado definitivo. O primeiro para os visitantes logo dun erro da defensa local e o segundo, o do empate, a falta de catro minutos para o descanso. Na segunda parte a tónica de xogo foi a mesma cun As Pontes con pouco mordente en ataque e un Vilalonga que se defendeu ben e contragolpeaba con certo perigo. Salientar no equipo pontés a boa actuación de Hugo no seu debut co primeiro equipo. Ó final xusto reparto de puntos, unha nova decepción dos afeccionados ponteses e un As Pontes que semella volver a tempos pasados e que terá que mellorar no seu xogo para saír deste bache no que se atopa desde que comezou o ano. Despois desta xornada o conxunto pontés baixa á novena praza con 31 puntos, a oito do descenso directo e na vindeira xornada visita ó Betanzos, outro dos equipos da súa liga particular, décimo cuarto con 26 puntos.
CD AS PONTES: Kiko, Hugo, Nano, Dani, Rochela, Esmorís, Iván González, Bossa, Eloy (Álex, 89), Cañi (Dieguito, 70) e David Amado (Sergio Arias, 69).
VILALONG F.C.: Pazos, Quini, Leo, Machu, Javi Nogueira, Miguel, Tenorio, Nelo (Uru, 66), Jorge Fernández (Pichi, 85), Saúl e Fran Matos.
ÁRBITRO: Abel Fernández Lodeiro, auxiliado por Queija Pérez e Hernández Giadans (Santiago). Expulsou por dobre amarela ó visitante Quini (min. 81). Tarxetas amarelas a Cañi e David Amado, do As Pontes, e Leo, do Vilalonga.
GOLES: 0-1, Jorge Fernández (min. 17). 1-1, Eloy (min. 41).
CAMPO E INCIDENCIAS: Poucos espectadores no Poboado, apenas uns 150 afeccionados nas gradas do recinto deportivo pontés.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.