Amigus
As Pontes

A XOGADORA DO CD AS PONTES RAQUEL, CONVOCADA DE NOVO POLA SELECCIÓN GALEGA

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A futbolista do equipo cadete Raquel Béjar Castro foi convocada para un novo adestramento da selección galega sub16 que terá lugar hoxe luns ás 19:15 horas no Campo de Milladoiro, en Santiago.
Este será o segundo adestramento en 2013 para Raquel, pois xa fora convocada para o día 14, nunha selección galega que está a preparar a segunda fase do Campionato de España.
raquel.jpg


A relación de 20 convocadas é a seguinte:
O Olivo: Paula Domínguez, Cecilia Fernández, Sara Alonso, Irene Fernández
Atlético Arousana: Carla Falcón, Alba Ferre, Sara Pazos
Bértola FF: Fátima Area, María Calvar
Tomiño FF: Judit García, Irina Martínez
Orzán SD: Nerea González
PM Friol: Claudia Calvete
CD Conxo: Laura Boado
Milladoiro CF: Nuria Rábano
Villestro SD: Ariane Martínez
EDA Arzúa: Helena Ramos
Vilagarcía SD: Carmen Sumay
CCAR Valladares: Lidia Rodríguez
CD As Pontes: Raquel Béjar
A semana pasada tamén foi convocado Enrique Fornos para un encontro de preparación da selección galega sub16, no que venceron 6-1 ó Conxo de Liga Nacional Xuvenil. E este martes tres xogadores do equipo Alevín, o porteiro Sergio Cal, e os xogadores de campo, Jose María Franco “Chema”, e Alejandro López adestrarán coa selección da comarca AFACO, que conta con Iván Leal de segundo adestrador.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios