TERCEIRA DIVISIÓN: CLUB RÁPIDO DE BOUZAS 1 CD AS PONTES 0

Victoria do equipo vigués no encontro xogado onte domingo no Campo Baltasar Pujales, na idílica paraxe de Bouzas, no que os dous equipos, con moitas baixas ambos, dispuxeron de moitas ocasións para marcar, pero so o conseguiron facer os locais a través dun discutido penalti.
Quizais a ocasión máis clara para o As Pontes foi no minuto 4´, Sergio Arias fai un quiebro dentro da área, digno de Primeira División, e deixa atrás a dous defensa pero logo fai un forte disparo ó boneco e despexa Roberto, qe foi un pulpo durante todo o encontro.
Respondeu o Bouzas no 6´ pero cando xa se dispoñía cabecear a pracer Aitor, despexou Marcos, hoxe titular.
Boa xogada entre Arias e Dieguito no 21´, e no 25´ o miúdo xogador ferrolán fai unha gran xogada pero case sen ángulo dispara, e chapa Roberto.
Os que máis ocasións dispuxeron polo equipo azul foron Arias e Dieguito con diferencia, anque quizais lles sobrou algún control ou algún regate por momentos. Estivo moi completo Iván González, que hoxe tivo que facer de Bossa e Cañi ó mesmo tempo, que xa é moito dicir, pero fixoo con moita calidade o xogador de Pol. Por momentos fixo boas combinacións e trenzou moi bo xogo o equipo azul.
cdaspontes


Pero a partir de ahí chegaron os mellores instantes vigueses na primeira metade. No 26´, tras un centro de Pablo cabecea Diz en posición franca, afortunadamente frouxo e atalla coas mans Marcos. No 29´ Agujetas, que con tanta carreira de arriba abaixo fai honor ó seu apodo, chega ata a liña fondo, centra hacia atrás e Sancho incorporándose remata frouxo a rentes do pau. No 32´ paradon de Marcos a tiro de falta de Rubén.
Respondeu o As Pontes no 38´, outra internada perigosa de Dieguito, que tras sentar a un defensa rematou, e cando parecía que Roberto estaba batido, desvía un defensa a córner arrastrándose. Con outra combinación entre Dieguito e Arias con tacón incluido rematou a primeira metade.
Sentoulle mellor ó Rápido o descanso e nada máis comezar, no 46´, a Aitor escapaselle un remate doado por debaixo dos pes, quizais pola forte choiva que caia nese momento. No 48´ é Carnero o que se pranta dentro da área e atalla Marcos. Ata que no 50´ chegou a xogada polémica do encontro, na que o colexiado sinalou penalti por suposta infracción de Hugo dentro da área, que o equipo local non protestou nin reclamou moito pero penalti o fin e ó cabo no que Rubén enganou moi ben a Marcos e puxo o 1-0, cando aínda quedaban 40 minutos por diante, pero que foi definitivo.
Recuou o equipo local e non se pode negar que non fora o As Pontes a polo empate, anque con máis corazón que cabeza, e así, no 62, tras unha serie de malos despexes e rexeites na área caelle o balón á Aitor que dispara e o balón sae lamendo o pau no que podía ser a sentencia.
Contesta o As Pontes no 67´, outra internada de Dieguito pola esquerda e disparo por alto. No 69´ quedan so Dani pero non consigue conectar con Arias.
No 70´ Carnero presiona a Marcos e casi lle rouba o balón.
No 73´ un centro chut de Iván González repelido por un defensa vai a córner lamendo o longueiro. No 74´ é Arias que controla na área pero un defensa botaselle enriba, e no 78´ disparo dende fóra da área de Iván González que se vai alto por pouco.
Respostou o Bouzas no 80´, a un centro dende banda esquerda non chega Marcos, e Aitor, que non a esperaba, cabecea fóra con todo a favor, dando vida ó partido.
O As Pontes embotellou ós vigueses, saiu Magi faltando pouco, e tivo un par de detalles de encarar, de verticalidade, de buscar o gol sen tanta reviravolta, e incluso Arias tivo un control perigoso dentro da área no descontó, pero o marcador non se moveu, ambos equipos dispuxeron de ocasión e so puido marcar un de penalti dubidoso, e non se pode obxectar a vicoria do equipo vigués que se sitúa undécimo con 34 puntos mentres o As Pontes é noveno con 37.
Por sorte, o As Pontes mantén os postos de descenso en 13 puntos de distancia, coa criba marcada polo Vilalonga que ten 24.
A semana que ven, importantísima cita no Poboado, ante o Alondras, 13º con 32 puntos.
1 Rápido de Bouzas. Roberto, Pablo, Kiko, Bruno, Agujetas, Rubén, Sancho (Carlos 83´), Fidi, Carnero, Diz (Xose Ramón 61´), Aitor (Iván 91´).
0 As Pontes. Marcos, Hugo, Nano, Chote, Roche, Dani, Dieguito (Amado 80´), Iván González (Magi 89´), Sergio Arias, Eloy (Esmorís 69´), Pablo Domínguez
Goles: 1-0, Ruben, de penalti (50´).
Árbitro: García Parada (Pontevedra), auxiliado nas bandas por Bascoy Rodríguez e Soage Fernández. Amonestou a Agujetas, Kiko, Fidi, Chote, Eloy, Nano e Hugo.
Campo e incidencias: Campo Baltasar Pujales, no lugar de Bouzas. Uns 200 espectadores en tarde nubrada e moi chuviosa por momentos. Antes do comezo do encontro gardouse un minuto de silencio polo falecemento do prebenxamín do As Pontes, Saúl R.U.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios