LIGA GALEGA FEMININA DE SEGUNDA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – S.D. DUBRA (0-1)

O As Pontes feminino despediu a liga diante da súa afección cunha amarga derrota (0-1) diante do xa campión, Dubra, nun partido que estivo condicionado polo mal estado do terreo de xogo, moi embarrado e moi pesado para trenzar as xogadas. O resultado final é inxusto, xa que o As Pontes, sen facer un bo partido, fixo méritos para acadar un punto ante un rival do que se esperaba máis, ó que, por outra banda, cun empate xa lle era suficiente para proclamarse campión de liga ó superar no coeficiente particular ó Pastoriza, equipo que descansa na derradeira xornada do campionato. O partido foi moi disputado sendo as ocasións máis clara para o cadro pontés ó longo de todo o encontro. A primeira foi de Carlota que enviou o balón alto. Xa a piques de chegar ó descanso, Noelia desperdiciou unha boa oportunidade para inaugurar o marcador, pero o seu disparo saíu alto. As visitantes apenas inquietaron a portería de Leti nestes primeiros corenta e cinco minutos.
Na segunda parte o xogo seguía discorrendo do mesmo xeito, con maior iniciativa pontesa, que nos minutos 26 e 28 tivo dúas claras ocasións. Primeiro, o disparo de falta de Noelia sae un pouco alto e despois Lau, nunha inmellorable posición, envía o balón ás mans da porteira visitante. No minuto 36 Noelia Ameneiro mandou o esférico un pouco desviado. Sen embargo, cando todo o mundo contaba que o partido remataría sen goles, chegou o único gol do partido, nun mal entendemento das defensas do As Pontes, que aproveitou Rebeca, a única que creou certo perigo na portería local, para mandar o balón pegado á cepa do poste dereito que non chega atallar Leti. Ó final, ledicia nas xogadoras visitantes polo título de liga alcanzado e decepción nas pontesas, que, cando menos, fixeron méritos para acadar un punto. O As Pontes remata a liga no campo do Tordoia. Sexa cal sexa o resultado, remata a competición na quinta posición.
feminino


FICHA DO PARTIDO
CD AS PONTES: Leti, Mireia, Silvia, Jani, Noelia, Sara (Lía, 46), Malena, Noelia Ameneiro, Paula (Carla, 60), Carlota e Lau.
SD DUBRA: Nuria, Araceli (Nerea, 86), Patricia, Begoña, Helena (Laura, 66), Verónica (Jeni, 82), Tamara, Belén, Rebeca, Lucía e Ana.
ÁRBITRO: Jeisson Aguado Castaño, da delegación de Ferrol. Sen complicacións. Tarxetas amarelas a Lau, do As Pontes, e a Lucía, do Dubra.
GOL: 0-1, Rebeca (minuto 90).
CAMPO E INCIDENCIAS: Poucos espectadores no anexo José, do campo do Poboado, con apenas medio cento de afeccionados en tarde fría e chuviosa. Presenza de seguidores do Val do Dubra, concello ata 1960 coñecido como Buxán.
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios