TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 4 CD ALONDRAS 0

Gran triunfo do As Pontes, que con 40 puntos casi sentencia a súa salvación, e incluso se permite soñar con loitar polos postos que dan dereito a xogar a fase de ascenso. Dende o 4-0 ó Lalín a tempada pasada, non se recorda tal marcador polas sufridoras terras pontesas, e o que son as cousas, o equipo azul a tempada pasada sofriu en Cangas un irrisorio penalti que casi lle costa a categoría, e hoxe gañou por 4-0, fútbol es fútbol, que dicía Vujadin Boskov.
Sentenciou o cadro azul o encontro na primeira metade, nada máis comezar un pase de Dieguito aproveitouno Arias para fusilar ó fondo das mallas, quedoulle atrás o balón de primeiras, pero de segundas, zapatazo (3´). Nunha saída en tromba na que nos primeiros cinco minutos tamén puideron marcar Dani e Dieguito.
Nos seguintes minutos sacudiuse algo a presión o equipo de Cangas, ata que no último tercio do primeiro tempo terminou por sentenciar o As Pontes. No 32´ Dani cede a Cañizares, quen entrando por banda esquerda, pica o balón e colocao maxistralmente no segundo pau onde Nando non pode chegar, facendo o 2-0. Devolve a cortesía Cañizares no 41´, que a cede un balón franco a Dani, que controla e bate por baixo ó gardamallas visitante. Por si fora pouco, tras unha entrada a destempo, foi expulsado con dobre amonestación Jose Ángel (43´), o que anulou as escasas expectativas de remontada do equipo visitante. Incluso marcou Chote de cabeza (35´) aproveitando un despexe do porteiro visitante a un cabezazo de Nano que se colaba, pero o colexiado entendeu que o fixo en fora de xogo.
No segundo tempo, e xogando en superioridade, foron incontables as ocasións do conxunto local, comezando con disparos perigosos dende fora da área de Domínguez e dous de Bossa.
Arias prantase so diante de Nando pero non define (55´), e Dieguito chegando dende atrás e con todo a pracer manda fóra (59´).
Dani de cabeza a saque de córner de Bossa (68´), Cañizares, e salva un defensa baixo paus (69´), e tamén un intento de vaselina de Domínguez (88´) foron outras.
Pero foi nas postrimerías, tras un claro penalti a Iván González, que marcou Bossa, enganando ó porteiro, coa súa habitual mestría, o que redondeou o marcador.
Á espera da disputa do resto de partidos que completan a xornada o As Pontes sitúase sexto con 40 puntos, a so un da fase de ascenso. O próximo fin de semana, moi compricada visita ó Campo do Cerceda.
cdaspontes


CD As Pontes. Kiko, Hugo (Pablo López 25´), Jorge Nano (Iván González 74´), Chote, Rochela, Dani, Dieguito (Eloy 59´), Bossa, Sergio Arias, Cañizares, Pablo Domínguez.
Alondras CF. Nando, Segura (David 60´), Toni, Pablo, Andrés (Outeiral 72´), Carlos (Abraham 45´), Leiro, Jose Ángel, Calo, Denis, Chichi.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores en tarde moi fría pero despexada. Retirouse levemente lesionado Hugo no 25´. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento do prebenxamín pontés Saúl Rivera Urueña.
Goles: 1-0, Arias (3´), 2-0, Cañizares (32´), 3-0, Dani (41´). 4-0, Bossa (90´), de penalti.
Árbitro: Miguel A. Pérez Cabaleiro (Vigo). Expulsou por dobre amonestación a Jose Ángel (43´). Amonestou a Chote, Dieguito e Segura.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios