TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 2 – RACING VILALBÉS 0

Sufrida victoria do As Pontes que o coloca momentáneamente na oitava posición, a dous puntos da fase de ascenso, pero que sobre todo casi certifica matemáticamente a súa salvación.
O encontro comezou cos dous equipos moi activos, como é propio dun derbi, pero sen grandes ocasións, polos azuis unha falta de Bossa (10´) e un disparo lonxano con boa intención de Pablo López (25´), e polos visitantes un disparo de Óscar Martínez (12´) e un remate a bocaxarro dentro da área de Borja que salva Kiko (15´).
Pero foi no último tercio da primeira parte cando o As Pontes puxo terra de por medio con un Iván González en estado de gracia. No 32´ unha gran internada de Dieguito e un pase en profundidade maxistral controlao Iván, que ante a saída e estirada de Jose Ángel bateo picandolle o balón. Cinco minutos máis tarde, o propio Iván en xogada persoal, lanza o balón desde uns 30 metros, e o seu zapatazo sorprende ó porteiro visitante e colase por alto, nun dos goles da tempada sen dúbida.
Puido pagalo caro o As Pontes no desconto, xa que tras un despiste do gran central Pablo López, quedou so co balón Hugo pero Kiko salvou co corpo e así chegouse ó descanso (46´).
Na segunda metade buscou o gol o cadro lucense, e o As Pontes recuaba, defendíase e daba a ventaxa por boa concedendo moitos córners, inetrnadas e foras de xogos en situación límite.
Estivo maxistral Kiko, que no 70´ salvou un man a man do recén saído Erni co sobrazo, e no 77´ un tiro cruzado de Óscar M. enviouno a córner, amén doutras paradas.
Tamén tivo as súas ó contragolpe o As Pontes, Dieguito en carreira prantase so ante Jose Ángel pero tira cruzado (69´), sensacional regateador e asistente o ferrolán, pero queremos que nos adique un gol antes de que remate a tempada. En unha xogada onde o balón quedou morto ó borde da área, o máis listo da clase, Cañizares, aproveitase, pero o seu disparo vai ó poste (83´), e unha sensacional falta de Bossa que iba á escadra desvíaa in extremis o gardamallas visitante a córner (86´).
Tamén David Amado fixo un xogadón no que lle sobrou un regate, e Kiko tivo que facer unha boa última intervención a un balón que viña con bote e colabase, pero non houbo tempo pra máis e o As Pontes levouse o derbi, polo mesmo resultado que o partido de ida a favor dos lucenses cos goles de Poratti e Nico.
A semana que vén compricada visita a un necesitado Negreira.
terceira


CD AS PONTES 2. Kiko, Rochela, Dani, Chote, Pablo López, Iván González (David Amado 82´), Dieguito (Cañizares (78´), Bossa, Eloy (Esmorís 66´), Sergio Arias, Pablo Domínguez.
RACING VILALBÉS 0. Jose Ángel, Mauro Poratti (Erni 69´), Alex, Pablo Vivero, Roberto, Borja, Hugo (Javi 75´), Make (Nico 57´), Dani, Justino, Óscar Martínez.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Unhas 300 personas, gran afluencia de visitantes en tarde chuviosa por momentos.
Árbitro: Alejandro Del Río Amor (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Blanco Rodríguez e Rama Rama. Amarela a Dani F., Pablo Domínguez e Dani.
Goles: 1-0, Iván González (32´), 2-0, Iván González (37´).
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
terceira
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F

También podría gustarte
Comentarios