TERCEIRA REXIONAL. AS PONTES 2 CANIDO 1. O COLEXIADO SUSPENDE O ENCONTRO FALTANDO DOUS MINUTOS

Importante triunfo do segundo equipo do As Pontes nun partido bronco e moi polémico o disputado na tarde fría de hoxe no Campo Anexo do Poboado.
Adiantabanse os locais cun golazo de Púas, pero no 35´comezabase a complicar o partido, Juan sae a polo balón e toca levemente coa rodilla a un rival. O colexiado decreta penati e expulsión, os locais non tiñan porteiro suplente e puxose o xogador de campo Iván, valiente, que estivo xenial nas súas intervencións.
Marcan os ferroláns e a raíz do empate os locais son un vendaval e en apenas 10 minutos crean catro boas ocasións, Púas, Criado e dúas de Borja, nunha delas revolvese ben dentro da área e manda o balón ó poste.
Na segunda metade igualaronse máis as forzas, pero faltando dez minutos, o colexiado sinala penalti riguroso tras un agarrón a Borja dentro da área. Anque o porteiro adiviñou a dirección transforma ben Adrián Criado e pon o 2-1 no marcador. A raíz do gol o ambiente enrareceuse e un xogador visitante foi expulsado tras dicirlle algo ó colexiado e a continuación outro tras unha dura entrada a un xogador local.
As Pontes 2 Canido 1


Faltando dous ou tres minutos pra o final, e coa situación moi tensa, dous xogadores visitantes encararonse co público local, tendo que ser agarrados polos seus propios compañeiros, outro xogador do banquillo visitante encarouse co propio colexiado, decidindo este dar por finalizado o encontro.
O As Pontes sigue segundo con 22 puntos a dous do líder Galicia de Caranza e a semana que ven visitan ó Cebarca en Cerdido.
Xogou Calpita con Juan, Antón, Alex Antón, Carlos, Fran, Mourín (Iván 35´), Junior, Danilo (Fernando 45´), Borja, Adrián Criado e Púas (Hugo 62´).
As Pontes 2 Canido 1
As Pontes 2 Canido 1
As Pontes 2 Canido 1
As Pontes 2 Canido 1
As Pontes 2 Canido 1
As Pontes 2 Canido 1
As Pontes 2 Canido 1
As Pontes 2 Canido 1
As Pontes 2 Canido 1
As Pontes 2 Canido 1
As Pontes 2 Canido 1
As Pontes 2 Canido 1
As Pontes 2 Canido 1
As Pontes 2 Canido 1
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios