TERCEIRA REXIONAL: CD AS PONTES 3 SAN MATEO 2: O ÁRBITRO PARA O PARTIDO FALTANDO CATRO MINUTOS

“Victoria” do segundo equipo do As Pontes no partido disputado hoxe á tarde ante o cuarto clasificado, o San Mateo.
Na primeira metade adiantouse o As Pontes tras transformar Adrián Criado un penalti cometido sobre Borja. Pero no último minuto do primeiro acto os ferroláns empataban con un golazo e nada máis comezar o segundo anotaban o segundo de cabeza tras saque de falta.
Tiña todo o segundo período o As Pontes pra ir a polo empate pero non conseguía desenmarañar a rede defensiva do cadro visitante, que ademáis facían o que máis lles interesaba, ralentizar o xogo. Non obstante puideron empatar o encontro os azuis cunha ocasión de Junior e dous córners directos de Adrián Criado, un acabou no poste.
aspontes-sanmateo_001.jpg


No 75´ tras un centro desde banda, un defensa cabecea hacia atrás e o balón acaba no fondo das mallas da súa propia portería.
Tralo gol os de San Mateo envalentonaronse e foron a polo terceiro, pero foi nun penalti por agarrón a Borja dentro da área no 80´, tan innecesario como claro, cando Adrián Criado marcaba pola escadra o 3-2.
Ahí é onde se complicou o partido, tralo gol o colexiado expulsou a un visitante por dicirlle algo, e faltando catro minutos tras unha tarrascada por detrás, expulsaba a outro xogador foráneo. O mesmo instante no que un xogador do San Mateo sen enzarzou en unha pelexa con un espectador local, desencadenando a grave trifulca posterior que ó final afortunadamente rematou en nada.
Si contra o Canido foi a falta de dous minutos, neste caso o árbitro suspendeu o encontro a falta de catro. Virtualmente o As Pontes é segundo con 29 puntos a dous do Caranza e a espera de saber o resultado do Miño.
Calpita aliñou a Iván Parapar, Antón, Alex Antón (Xoel 76´), Carlos, Junior, Mourín (Iván 65´), Amady (Hugo 50´), Danilo, Borja, Adrián Criado e Fernando.
aspontes-sanmateo_001.jpg
aspontes-sanmateo_001.jpg
aspontes-sanmateo_001.jpg
aspontes-sanmateo_001.jpg
aspontes-sanmateo_001.jpg
aspontes-sanmateo_001.jpg
aspontes-sanmateo_001.jpg
aspontes-sanmateo_001.jpg
aspontes-sanmateo_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios