RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

O Xuvenil de Liga Nacional empatou en Vigo ante un rival directo, o Alerta Travesas, a 2-2, comezaron adiantandose os olívicos, empatou Kilian, volveron a poñerse por diante os locais e volveu a a igualar o xogador de Cariño que está en estado de gracia. O xuvenil de Carballo finaliza o ano quinto pola cola con 15 puntos, e nestes instantes descenden cinco, polo tanto están a un so punto da salvación e queda todo o 2011 por diante pra un equipo que hai pouco tempo tiña un so punto e pechaba a clasificación, iniciando unha gran remontada que esperemos que se manteña. Empezará o ano recibindo ó Victoria.
Xenial o equipo xuvenil b que hoxe estivo heroico, tras finalizar a 0-0 o primeiro tempo e con unha expulsión, encarou a segunda parte cun menos, pero resolveu ben e acabaou ben gañando 4-0. Dous golazos pola escadra do dianteiro de Cerdido Javi, que durante a semana meteu outros dous coa selección sub17 de Ferrol, un gol do talentoso Darío, que hoxe actou de central, tras saque de córner e un cuarto do recentemente fichado do Cebarca Santalla coa colaboración do defensa, selaron o a goleada dun xuvenil que agora mesmo é terceiro con 33 puntos, a dous de Ánimas e Perlío, e comezarán o ano recibindo ó Val. Xogaron Alex, Diego, Rubén, Simón, Darío, Hugo, Santalla, Manu, Javi, Isma López e Sergio Criado. No segundo tempo entraron Kriky, Marcos, Marcos Otero, Jacobo e Capela.
xubenilb


xubenilb
xubenilb
xubenilb
xubenilb
xubenilb
xubenilb
xubenilb
xubenilb
xubenilb
Importantísimo triunfo do cadete este sábado ante o Meirás por 2 a 0, tantos anotados no segundo tempo por Lucho e o irmán de Kilian, Adrián, e aínda puideron marcar algún máis. Os de Iván Rodríguez marchan na segunda praza con 30 puntos a tres do líder Caranza, pero con 6 de ventaxa sobre Eume e Ortigueira e 7 sobre o Meirás, co cal teñen un colchón pra poder meterse na fase de ascenso, anque aínda queda moito. Empezarán o ano visitando o complicado campo do Numancia de Ares. Xogaron Aldrey, Gonza, Guino, Marcos, Capela, Álvaro, Tiny, Alberto, Lucho, Galego e Keko. No segundo tempo entraron Adrián, Pablo, Esteban, Diego Pico e Diego Filgueiras.
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
Outro que vai moi ben é o equipo infantil adestrado por Marcos Roca. Son segundos con 28 puntos, a dous do líder Narón. Onte gañaron 7-0 ó Galicia de Mugardos. Xogaron Ángel, Caínzos, Raquel(1), Iván (1), Brais Martínez, Hulk, David Rey (1), Alex Fernández (1), Nahúm (1), Alex Blanco e Brais Blanco (1). No segundo tempo saíron Alberto, Jose L, Carlos, Jorge e Iago Vázquez (1). Difícil compromiso pra comezar o ano, visitan ó terceiro, O Val.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
Remata o ano líder, empatado a puntos co Eume (27) o Alevín A, que onte gañou 6-1 ó Narón B, tantos dos seleccionados Andrés Pita (3), Josiño (2), e Jandro. Tamén comezarán o ano visitando a un rival difícil, o cuarto clasificado EFR Ferrol C.
alevin
Moi ben tamén o Alevín B que goleou 0-6 ó Rápido de Neda. Son séptimos con 16 puntos e estrearán o 2011 recibindo ó Eume B.
Gran campaña a que está a realizar o As Pontes Benxamín A que conta todos os seus partidos por victorias, oito, por unha soa derrota, a que sufriu ante o líder O Val B (10-1). Sen embargo, tras vencer onte ó Eume (9-0) xa son terceiros con 24 puntos empatados con EFR Ferrol B e a tres do Val B. Serio compromiso teñén á volta de vacacións, van a Ferrol para xogar contra o segundo clasificado. Marcaron os goles Dani González (2), Javi (2), Jose (2), Dani Da Silva (2) e Mateo.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
Non lle foron tan ben as cousas ó Benxamín B que perdeu 12-0 en Fene co Perlío e rematan o ano na oitava posición con 7 puntos e non retornarán ata o día 15 que visitan ó colista Xuventude de Cabanas, pois descansan na vindeira xornada.
O prebenxamín A gañou 4-1 ó Barallobre e continua en unha máis que aceptable quinta posición con 19 puntos. Retomarán a competición para enfrontarse co complicado Ortigueira, que vai de segundo. Goles de Jandro (2), Javi e Alex.
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Os máis noviños do prebenxamín B sufriron un serio correctivo en Ferrol ante o EFR Ferrol co que perderon 18-1 anque marcaron o tanto da honra por medio do peliroxo Iker. Aínda están comezando e teñen moito recorrido no mundo futbolístico. Agora tocalles disfrutar da estancia navideña e tampouco volverán á competición ata o día 15 en que xogarán con EFR Ferrol B pois tamén descansan na vindeira xornada.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios