Amigus
As Pontes

TERRAS DO EUME, NOVO CLUB CICLISTA EN AS PONTES

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O pasado venres fixo a súa presentación oficial o Club Ciclista Terras do Eume, que se suma ó xa existente de As Pontes-Vilalba e conta xa con 50 socios dende a súa fundación en novembro de 2013.
O principal obxectivo desta nova entidade deportiva pontesa está o fomento do ciclismo en tódalas as súas modalidades. Tamén apostan pola apertura de diferentes rutas de BTT e estrada, que fomenten o coñecemento do rico entorno natural existente nas Pontes e arredores.
Como proxectos a curto e medio prazo, entre outros, están a organización da primeira cronoescalada de BTT ó Monte da Carballeira no vindeiro mes de agosto e a Primeira Ruta BTT “Terras do Eume” en novembro, así como a colaboración en distintas actividades deportivas da vila pontesa, como xincanas e pedaleadas populares.
O Club Terras do Eume abre as portas a tódalas aquelas persoas afeccionadas ó ciclismo que desexen integrarse nesta nova sociedade deportiva, tanto en BTT, como estrada ou cicloturismo.
CC-Terras-do-Eume-2014.jpg


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios