TORNEO XIMNASIA RITMICA VILA DE AS PONTES
O sábado día 2 de xuño celebrouse no polideportivo municipal o II Torneo de Ximnasia Rítmica Vila de As Pontes.
No torneo participaron un total de 130 ximnastas procedentes de diferentes clubes.
Os clubes participantes foron: Xirandela (Sarria), Areoura (Foz), Brío (San Sadurniño), Porta Norte (Ribadeo) e o clube anfitrión CDR As Pontes .
A participación fíxose en 6 categorías dende prebenxamín a senior. Do noso clube participaron un total de 35 ximnastas.
A clasificación foi a seguinte:
– Prebenxamín: 1º Xirandela, 2º Porta Norte e 3º As Pontes.
– Benxamín: 1º As Pontes A, 2º Porta Norte e 3º As Pontes B
– Alevín: 1º Xirandela, 2º Areoura, 3º As Pontes
– Infantil: 1º Porta Norte e 2º As Pontes
– Cadete: 1º Xirandela e 2º As Pontes
– Senior: 1º Xirandela e 2º As Pontes.
O evento rematou as 13:00 e atrouxo a moito público as nosas instalacións deportivas.
Nova cortesía de Raimundo Carballo