Torneo de Kayak-Polo Concello de As Pontes 2012

O sábado 4 de febreiro, como peche das “xornadas acuaticas” deste outono-inverno, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil e o Concello das Pontes organizan unha xornada de competición de kayak-polo.
Celebrarase un torneo infantil cos nenos e nenas que participaron nas xornadas, e un de maiores no que participaran kayak-polistas do club Copacabana de Ferrol, e do Siero de Asturias, xunto con membros dos equipos ponteses do Xuvenil e o Folixa.
As competicións comezarán as 9 da maña e desenrolaranse ao longo do dia, ata as 19:00 aproximadamente, na psicina climatizada municipal.
O acceso ás gradas será gratuíto.
k-polo.jpg

También podría gustarte
Comentarios