Amigus
As Pontes

RESULTADOS DO CLUBE ATLETISMO OLYMPO 21-29 XANEIRO

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

IX Memorial Eduardo Fernández Villamarín. Carreira de Rábade.
O pasado día 21 de Xaneiro disputouse no Concello lucense de Rábade, o segundo máis pequeno dos 315 de Galicia, a novena edición da xa coñecidísima carreira popular. Como non podía ser de outra maneira, os atletas do Olympo de As Pontes estiveron alí. Cun día moi favorable para a práctica do atletismo a pesar de estar en pleno mes de xaneiro, xuntouse unha gran afluencia de atletas e público a ver a proba. Nun primeiro momento deronse as saídas ás probas infantís, e ás 17h deuse o pistoletazo de saída á proba absoluta, onde estaba a participación do Olympo.
Sobre unha distancia de 6733 metros logrou a victoria da proba absoluta o atleta lucense Carlos Villamor da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, gañando ó atleta ourensán da súa mesma xeneración Alejandro Fernández, do Ourense Academia Postal, cunha diferencia de tan só un segundo. O terceiro posto a máis de 20 segundos da cabeza foi para o lituano afincado en España dende fai moitos anos, e para moitos o xa galego Robertas Geralavicius, tamén da Ximnástica. Sen dúbida gran xeneración a de 1984-1985.
olympo_1.jpg


Na proba feminina impúxose igual que xa o fixera na Lugo Monumental, a triatleta do Cidade de Lugo Fluvial Estefanía Domínguez, e a 4 segundos quedou a atleta cántabra Azara García, o terceiro caixón do podio ocupouno a atleta que foi Campiona de España de Maratón no ano 2009, a deportista de Cangas Maria Gestido.
Sen dúbida houbo un grandísimo nivel nesta proba, sumando os campionatos gañados por todos estos atletas faríamos unha gran colección de medallas a nivel galego e español.
No referente ó clube Atletismo Olympo, once foron os atletas achegados ata Rábade.
En primeiro lugar, e para non perder o costume chegou Modesto Barro, no posto 45 da xeral, sendo 4º da súa categoría. Moi de cerca seguiuno Óscar Pena, a nova fichaxe do clube, quen a pesar de non adestrar máis do que o fai no seu equipo de fútbol, tivo unha fantástica actuación chegando no posto 50, sendo 30º da súa categoría e rematando a 3:46 min/km, xusto despois chegou Ángel Cañizares, entrando na misma categoría que Óscar. No posto 92 chegou Sito Vilasuso Pita, sendo o 45º da súa categoría, tres postos despois chegou Abel Pérez, baixando todos eles de 4 min/km. No posto 105 da xeral e no 51º da súa categoría chegou César Ramil Ferreiro. E nos postos 203, 204 e 205 as primeiras atletas femininas; Ana Dopico, Susana Castro e Susana Bellas, sendo 5ª, 12ª e 6ª das súas correspondentes categorías respectivamente. A continuación chegou Virginia Polo como 14ª da súa categoría e no posto 355 Rocío Fontao, que acadou a 18ª posición da categoría.
Campionato Galego de Cross (Monte do Gozo). 1º Cross de Compostela
Os representantes do Clube Atletismo Olympo, David Castro e Modesto Barro participaron no Campionato Galego de Cross que se disputou no Monte do Gozo.
Nunha mañá soleada de domingo, xuntáronse en Santiago varios centenares de atletas para competir na emblemática proba.
Os vencedores das categorías absolutas foron os internacionais Manuel “Lolo” Penas e Solange Pereira, do Clube Guadalajara e Bikila respectivamente.
Os nosos representantes fixeron un gran papel nun circuito moi duro. Sendo David Castro Campello 104º e Modesto Barro 113º nunha proba dun altísimo nivel, no que participaron atletas dende a categoría promesa a veteráns.
olympo_1.jpg
olympo_1.jpg
olympo_1.jpg
olympo_1.jpg
olympo_1.jpg
olympo_1.jpg
olympo_1.jpg
Nova cortesía de Susana Castro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios