Amigus
As Pontes

TRES MEDALLAS DO SILEX NOS CAMPIONATOS GALEGOS

A cargo dos irmáns Castro e Alvariño

A pasada fin de semana disputouse na localidade veciña das Somozas o Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala, no que o Clube Silex pontés logrou un botín de tres medallas, unha de cada cor.

Dani Castro impúxose nunha competida proba senior con 35 participantes. Os 16 mellores das tiradas previas pasaban ós oitavos de final e Dani foi terceiro (574), e Alvariño segundo (579), só superados por Vicente Veira, do Arc-Teixo, con 583 puntos.

Na quenda de eliminatorias, Dani vencía fácilmente a Jose Díaz e Diego Martínez, por 6-0 en ambos casos, o mesmo que Maikel, que gañaba 6-0 a Juan González e 7-1 a Francisco Area.

Ambos cruzáronse en semifinais e venceu Dani por 6-5 na frecha de desempate, e por 6-5 gañou tamén na final a Vicente Veira, mentres que Miguel conseguía o bronce ó vencer 7-3 a Antonio Otero, do Lumelar.

En Recurvo Senior Feminino, Cristina Castro foi terceira nas tiradas previas, e nas semifinais venceu 7-1 a María Luisa Cernadas, do Arco Narón, caendo na final 6-2 ante Noelia Pena, do Arc-Teixo.

Gran resultado tamén de Dani González, que foi cuarto en Cadete e Adriano Romero foi oitavo en Veteranos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios