Moi bos resultados para os deportistas locais, Gabi Tembrás e Bea Felpeto, integrantes do Moo Duk Kwan de Vilalba, esta fin de semana no Open Internacional de Lille.
Nun torneo no que houbo diversos problemas e os participantes tiveron que competir ata ben entrada a madrugada, Gabi estivo magnífico e logrou un ouro en técnica, unha prata en Freestyle individual e un bronce xunto a Bea en Freestyle parellas.
Anteriormente, a semana pasada, nos Campionatos Galegos disputados en Monforte de Lemos, Gabi logrou un ouro e un bronce individuais, e competindo como parella ambos escalaron ó máis alto do podio, tamén en técnica, e firmaron un bronce, tamén en Freestyle.
Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía Federación Galega de Taekwondo