Amigus
As Pontes

TRES XOGADORES PONTESES ASCENDEN A DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Trátase de Sergio Otero, Daniel e David Pajaro

Tres futbolistas ponteses ascenderon esta temporada 2017-18 á División de Honra, a máxima categoría do fútbol xuvenil español.

O primeiro en facelo foi o Ural coruñés, no que militan os irmáns Daniel e David Pájaro Otero, que o fixo faltando seis xornadas para o final, tras gañar ó Compostela 2-4, encontro no que Dani anotou o primeiro gol.

Dani é un habitual en tódalas aliñacións, e anotou dez tantos, sendo tamén un fixo na selección galega sub18. Tamén xogou con asiduidade David, que marcou dous goles.

O outro equipo en ascender, que necesitaba sumar apenas un punto nas dúas xornadas que restaban, foi o Racing de Ferrol, que gañou este domingo ó Arousa 0-3, cun terceiro tanto de Sergio, sentenciando a súa praza na máxima categoría.

Sergio tamén é un habitual do medio campo ferrolán e da selección galega xuvenil, con oito goles no que vai de campaña.

Así as cousas, a falta de unha xornada, o Celta B suma 84 puntos, Ural 80, Deportivo B 70 e Racing de Ferrol 69. As dúas prazas de ascenso xa corresponden matemáticamente a coruñeses e ferroláns, dado que o quinto, Victoria, suma 60.

Os tres xogadores formados nas categorías inferiores do CD As Pontes, ó ser do ano 2000, aínda lles quedaría o seu terceiro ano como xuvenís.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios