Amigus
As Pontes

LAURA VISPALIA, DOBLE CAMPIONA PROVINCIAL

Fíxoo en salto de altura e probas combinadas

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A deportista do Clube Atletismo Olympo-Matojoma, Laura Vispalia Díaz, proclamouse esta fin de semana doble Campiona Provincial.

O sábado en Ribeira gañou en salto de altura. Fíxoo ademais con bastante solvencia, cun salto de 1.33 co que quedou por diante de Rocío García (Marineda Atlético), 1.26, e Carmen Casal (Atletismo Fontes do Sar), 1.23. Neste campionato tamén foi cuarta en peso.

Xa o domingo en Ferrol gañou en probas combinadas. Foi terceira en 60 metros con 9.22, segunda en peso con 7.60, e segunda en lonxitude con 3.77, acabando cun total de 1106 puntos, por diante de Gabriela Serantes (1011) e Arianna Victoria (997), ambas do Ría de Ferrol.

Nova cortesía Atletismo Olympo-Matojoma e XF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios