Victoria do equipo feminino no torneo das festas de Roupar. Despois da celebración onte do título de Liga as azuis enfrontabanse ó Relúa Xermade adestrado por Pepe Da Silva, equipo moi completo formado por unha gran maioría de futbolistas que xogan a fútbol sala na Liga Provincial de Lugo.
Comezaron dominando as azuis, e no 13´ tras un pase de Carliña, Carlota fai unha das súas diabluras, regatea a defensa e acaba marcando. Pero a raíz do gol as de Xermade foron a polo empate e tiveron varias ocasións que desbaratou ben Jessica, que demostrou ser unha boa sustituta de Leti. Sen embargo non puido facer nada no 25´ cando Cris conseguiu o empate.
Asi se chegou ó descanso, na reanudación, no 56´ Chipy vaise por banda esquerda e da un sensacional pase a gran Alba que rematando en plancha mete o balón por debaixo das pernas da porteira. Pero outra vez volveron as de Xermade en busca do empate creando moito perigo, pero entre Leti, Jani, Silvia, Lara e a prometedora Nato foron salvando a renta. No 61´, tras un tiro de Mini o balón vai ó poste e Sabela salva baixo paus. Á contra Carlota e Chipy tamén tiveron as súas ocasións pero o marcador non se moveu e o As Pontes fixose co Trofeo de Roupar.
A resaltar o debut de Raquel, estrearse con so 12 anos xa de por si é meritorio, pero a cousa non quedou ahí, a cativa, co 10 nas costas, non se arredrou nin moito menos na súa estrea ante rivais moito máis grandes que ela, demostrou ter boa visión de xogo, temple, e elexir sempre o pase acertado. Ten un gran futuro por diante.
Salido e Pita xogaron con 16 Jessica; 7 Silvia, 4 Jani, 15 Nato, 9 Chipy; 6 Lara, 11 Carliña; 14 Clara, 10 Raquel; 8 Alba, 3 Carlota. Despois entraron 1 Leti, 2 Sabela, 5 Cris Moirón e 12 Janira.
Polo cadro do Xermade Pepe contou con 13 Antía, 2 Pili, 3 Carmen, 4 Soni, 5 Laura, 6 Carla, 7 Yolanda, 8 Tania, 9 Susana, 10 Melody, 11 Mini, 14 Cris e 15 Rocío.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.