Amigus
As Pontes

ÚLTIMO ADESTRAMENTO DE MALENA ANTES DE ACUDIR Ó CAMPIONATO DE ESPAÑA

malena.jpgA futbolista pontesa Malena Mieres García ven de ser convocada pra o Campionato de España Alevín de Fútbol-8 que se disputará na localidade sevillana de Bormujos o vindeiro fin de semana, concretamente o venres 23 e o sábado 24.
Das 55 xogadoras que comezaron esta andaina, a semana pasada fíxose a última criba, e da última lista de 15, desgraciadamente quedaron fora da convocatoria final Navia Rendo (Val do ulla) e Yasmina Ríos (Atlético Cuntis). Incluiuse a última hora un “descubrimento” dos olleadores, Noelia Regueiro do Betanzos, que a semana pasada acudiu ó seu primeiro adestramento pero convenceu ó seleccionador.
Malena segue os pasos de Yaiza Paleo e Paty Blanco e convírtese na terceira xogadora pontesa en desputar un Campionato de España coa selección galega. Tamén vai a xogadora do Cariño María Corral.


O total de 15 seleccións participantes están divididas en catro grupos tal e como segue a continuación:
Grupo A: Aragón, Canarias, Baleares, Navarra
Grupo B: Madrid, Asturias, A Rioxa, Comunidade Valenciana
Grupo C: Extremadura, Castela León, Andalucía, Galicia
Grupo D: Castela A Mancha, Murcia, Cataluña.
A lista definitiva, con dorsais incluidos, é a seguinte:
1 Malena Mieres (CD As Pontes)
2 Laura Vázquez (UD Santa Mariña)
3 Lara Martínez (CD Teis)
4 Eva López (Armenteira CF)
5 Teresa Abilleira (AJ Lérez)
6 Esther Castedo (SCD Milagrosa)
7 Noelia Regueiro (Betanzos CF)
8 Sara Debén (AD Vila do Corpus)
9 Lucía Pardo (SCD Milagrosa)
10 Rosalía Muiño (Salesianos CF)
11 Inés Faro (AD Vila do Corpus)
12 Judith Barcia (Independiente CF)
13 María Corral (CD Cariño)
14 Andrea Álvarez (ED Val Miñor)
O último adestramento de preparación terá lugar hoxe luns no Campo de As Cancelas en Santiago de Compostela ás 16:30 horas
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios