Amigus
As Pontes

3ª DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA (Fase de ascenso): PAZOS DE BORBÉN FS – O ESTEO FS (0-2)

Importante vitoria do Esteo na súa primeira visita a Pazos de Borbén por dous goles a cero (0-1 ó descanso). Uns cen espectadores nas gradas do polideportivo municipal de Pazos (Pontevedra), cunha notable presenza de afeccionados ponteses.
O Esteo segue invito na fase de ascenso á Segunda División B logo do seu importante triunfo na difícil cancha do Pazos de Borbén. A primeira parte foi de dominio dos ponteses, que estiveron moi ben organizados na defensa e crearon numerosas ocasións de gol, sen embargo só materializaron unha por mediación de Bolly, a última incorporación ó equipo, cando faltaban tres minutos para o descanso. No segundo tempo o dominio continuou sendo do Esteo, que novamente volve a marcar con tanto do goleador Bolly, que nos dous partidos disputados nesta fase de ascenso xa leva marcados catro tantos. A falta de tres minutos para o remate os locais sacan porteiro-xogador coa intención de remontar, pero, os ponteses defendéronse ben, rematando o encontro co 0-2 definitivo, que lle permite ó Esteo ocupar a segunda posición tras o Bembrive vigués, conxunto que gañou os tres partidos disputados. Na vindeira xornada o cadro das Pontes recibe no pavillón da Fraga ó Ribeira de Piquin.
esteo.jpg


PAZOS DE BORBÉN: Esteban, Eloy, José, Manu, Lito –cinco inicial- Jacobo, Mon, Rober e Joni.
O ESTEO FS: Choto, Pellón, Bolly, Gerardo, Rubi –cinco inicial- Fran, Pelu, Gerveno e Chavo.
ÁRBITROS: González Lubián e Martinez Souto, de Pontevedra. Amoestaron ós locais José e Lito, que foi expulsado, ademais de Choto e Bolly, do Esteo.
GOLES: Min. 18 (0-1), Bolly. Min. 25 (0-2), Bolly.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios