Último día para deposita-los boletos rasca correctamente cubertos na urna situada no baixo do concello
Mañá 5 de xaneiro, ata ás 13.00 horas, será o último día para deposita-los boletos rasca Merca nas Pontes 2011 correctamente cubertos na urna situada no baixo do concello.
Así, todos aqueles que desexen participar no concurso do vindeiro sábado Como conseguir 2000 euros e non morrer no intento teñen aínda a posibilidade de facelo. Lembrar que o sábado pola mañá, se fará unha selección dos participantes mediante sorteo e chamada telefónica. Despois de recibir as correspondentes instruccións terán un tempo limitado para consegui-lo premio. Pola tarde, a partir das 17.30, na Casa Dopeso, xunto coa actuación de Os Feroces da Galgueira darase a coñece-lo gañador/a do concurso o que porá fin á edición deste ano.