Un libro inclue a Torquemada e Pizarro entre os 16 persoaxes máis perversos da Historia

Lendo elmundo.es:
“Os españois Francisco Pizarro e Tomás Torquemada -xunto a Hitler, Stalin e Pol Pot- son considerados entre os 16 persoaxes máis malos da historia reunidos pola escritora Miranda Twiss nun libro que agora editou Martínez Roca. A obra, ‘Os máis malos da Historia’ recolle, dende o século I ata a actualidade, unha selección de 16 homes e mulleres que exerceron un poder ilimitado sobre as vidas doutras persoas”…


…”Segundo explica a autora na introducción do seu libro ‘dende o nacemento de Calígula no Imperio Romano ata o xenocidio do pobo camboiano na década dos 80 do século XX, impulsados polo poder, a relixión, a luxuria e as conviccións políticas estas persoas convertíronse en prototipos do terror ó longo e ó ancho do planeta’.
Twiss recorda que, a pesares disto, só nalguns casos a xusticia se ocupou dos homes e mulleres deste libro. ‘Así é posible que os bos sufran, como tamén o é que os malos prosperen. Iván o Terrible, Stalin, Pol Pot, Torquemada e Pizzarro morreron na ancianidade; dos 16 só seis perderon a vida como consecuencia dos seus actos’.”
Fonte: elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios