UNHA PONTESA CAMPIONA DE ESPAÑA DE KAIAK POLO

No evento disputado esta fin de semana en Madrid

A deportista pontesa Yanaisa Fraga Martínez (primeira por arriba, número 6), logrou esta fin de semana en Puerta de Hierro, en Madrid, o Campionato de España por Autonomías.

A selección galega, na que tamén estaba a valdoviñesa Yolanda Hermida, irmá do porteiro Campión de Europa coa Selección Española, Adrián Hermida, venceu na final ao conxunto locatario da Comunidade de Madrid por un rotundo resultado de 6 goles a 2.

Neste campionato a selección galega tamén logrou a plata en categoría sub16 e o bronce en sub21. Madrid conseguía dous ouros, Galicia un, e Andalucía outro.

Gran éxito nun deporte que tivo gran tradición en As Pontes, con varios Campións de España, e incluso xogadores internacionais como Serafín Fontao, Carlos Mieres, Iván Pena, Roberto Rivera, Óscar Fernández, María Polo e a propia Yani.

Nova cortesía de APC e XF

También podría gustarte
Comentarios