Amigus
As Pontes

PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. PONTEVEDRA RC 26 – CR FENDETESTAS 21

O equipo pontés debuta na Primeira Galega

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Fendetestas pontés de rugbi debutou esta fin de semana na Liga de Primeira División Galega, caendo 26-21 ante o Pontevedra, en Monteporreiro.

Tralo ascenso conseguido a campaña pasada, os verdes visitaban a cidade do Lérez. Ao descanso do encontro chegouse cun igualado tanteo de 7-6, pero no segundo período os locais puxeron distancia de por medio co 26-11 que sentenciaba o encontro.

Pero os verdes tiraron de carraxe e con dous ensaios nos últimos minutos, lograron o 26-21 definitivo que lles daba un punto de bonus defensivo. Ensaios de Senén, Miguel e Robert, que ademáis acertou entre paus en dous golpes de castigo.

Nos outros encontros, o Ferrol gañou 46-8 ó Crat B, e Os Ingleses de Vilagarcía ao Coreti Lalín por un rotundo 67-0. A vindeira semana derbi no Monte Meduilio entre os ponteses e os ferroláns, campións galegos da campaña pasada.

Xogaron Óscar, Anxo, Álvaro, Gallardo, Antón, Andrés, Víctor, Pablo, Toño, Robert, Senén, Antonio Gómez, Antonio Franco, Javi, Miguel, entrando despois Asier, Rafael, Roberto Río, Xose, Nathan e Roberto García.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios