Unha charla coas futbolistas do C.D. As Pontes

CDASPONTES.jpgSentando precedentes na historia do deporte pontés, un grupo de rapazas do noso pobo debutaban hai dous meses na Liga Autonómica feminina de fútbol. Falamos coas futbolistas do C.D. As Pontes para que nos conten como están a vivir dende dentro esta experiencia.
Fotografía de Arquivo (Sacada por Xosé A. Ferreiro)


¿Como e cando xurdíu a idea de facer un equipo de fútbol feminino?
A idea xurdíu dun grupo de rapazas de As Pontes que se xuntaban semanalmente en adestramentos de futbol sala para disfrutar dunha afeción da que nunca puideron disfrutar en competición. Estiveramos a baraxar varias ideas: crear equipo de fútbol sala femenino e federarse na liga provincial, formar equipo coas rapazas de Xermade (que actualmente si están en competición oficial)… Pero ao final decantámonos polo fútbol, e claro está polo C.D. As Pontes.
¿Cales son os principáis inconvintes “extra” con que vos estades a atopar pra o desenrolo da vosa actividade polo feito de ser mulleres?
O fútbol feminino esta a adquirir día a día unha maior importancia pero aínda esta moi lonxe da igualdade real. Existen varias posibilidades que facilitan a competición no fútbol feminino: liga autonómica e estatal senior, equipos mixtos ata categoría infantil …sen embargo existe unha franxa de idade (de infantil a xuvenil) na que non existe liga feminina nin posibilidade de xogar en equipos mixtos, agás no Orzán S.D. (A Coruña), no que contan con numerosas rapazas xogando nestas categorías. Neste equipo xustifican que non existe regulamento que o prohiba a pesar dos comentarios que poden suscitar ao respecto (caracterísitcas físicas dos/das xogadores/as…).
No noso caso, o maior inconveniente foi a falta de oportunidades así como a demanda inespecífica que mantíñamos, xa que considerabamos que había necesidade e demanda real pero non nos decidíamos a propoñelo.
¿Considerades que a pesares de participar nunha liga feminina aínda hai indicios de machismo nela?
Claro que hai. Só temos que fixarnos no número de mulleres que arbitran ou do número de entrenadoras para comprobar que aínda nos queda moito camiño por percorrer. Tamén se pode comprobar a existencia de machismo no campo, a través de comentarios sexistas por parte dalgúns ou dalgunhas observadoras.
¿O voso adestrador tivo que “cambiar o chip” nalgún sentido polo feito de traballar cun equipo de mulleres?
Supoño que si, de feito conseguir un adestrador non foi tarefa fácil para o Clube. Ademáis, neste caso sumábanse varios factores entre o que destaca o feito de ser un grupo de rapazas con ningunha ou escasa experiencia (maioritariamente).
¿Creedes que a liga feminina é un paso máis de cara a igualdade home-muller, ou polo contrario a verdadeira igualdade sería competir nunha liga de fútbol mixta?
Pois a verdade e que é un plantexamento moi típico. Coa competición feminina estase a fomentar a igualdade de oportunidades, é dicir, ter a posibilidade de participar nun deporte federado (asociado tradicionalmente ao home) ao mesmo nivel que o fan os rapaces.
O tema dunha liga mixta sería cuestión de probar, é dicir, as características fisiolóxicas das mulleres son diferentes ás dos homes, pero non indica que nunha liga de alto nivel houbese grandes diferencias entre os dous sexos.
As persoas maiores son moitas veces as máis reacias aos cambios da “vida moderna” ¿Que opinan os vosos avós/avoas acerca de ter unha neta futbolista?
Pois neste caso, como no pobo é novidade, creo que a todos os avós e a todas as avoas lles está a facer ilusión o de ter unha neta futbolista, ou polo menos iso é o que se percibe cando algúns ou algunhas das afeccionadas son avós/avoas. O que máis lles soe importar é o feito de que “non se lastimen”, xa que para eles/elas (non todos/as por sorte) o fútbol segue a ser “cousa de homes”.
En canto a outros sectores da sociedade eu penso que agora mesmo só existen casos aillados, de ambos sexos, que sigan a pensar que o fútbol non é un deporte para mulleres.
Que lle diríades a aquelas rapazas que aínda non practican o fútbol por medo a que se rían delas, por vergoña, etc.
Actualmente non percibo estes sentimentos, senón ao contrario. Soen estar orgullosas de practicalo e cada vez se están a romper máis as barreiras de xénero. O fútbol é un deporte masculinizado, sen embargo as rapazas (no caso de As Pontes en concreto) non dubidan en practicalo se o desexan; sen embargo, en canto aos deportes feminizados (tradicionalmente considerados para mulleres), como pode ser o ballet ou a ximnasia ritmica, non soen ser frecuentados por nenos. A estes, dende o meu punto de vista, a educación percibida perxudícalles de maneira importante, xa que se están a socializar nunha sociedade na que o home ten que ser masculino, forte, valente, carente de sensibilidade…cando todos/as sabemos que iso non é así.
E ben, se tivera que animar ás rapazas para que o practicaran diríalles que é un deporte interesante, onde como en todos se aprenden unha serie de valores, así como deportividade, fanse amigos/as, practícase actividade física…
Se tivésedes que identificarvos cun equipo da primeira división da Liga española, ¿cal seriades?
Pois non sabería decir…supoño que con calquera que acaba de ascender, xa que somos completamente “novatas” neste aspecto, e os nosos obxectivos son aprender, tomar contacto e facelo o mellor que poidamos nesta competeción que é unha novidade para todas nós.
Imaxinémonos que tivésedes a oportunidade: ¿gustaríavos ser profesionáis do fútbol? Ou pola contra, só vedes isto como unha afeción?
Pois a verdade e que a estas alturas só se pode ver como unha afeción, xa que para chegar a ser profesional hai que ter unha longa carreira por detrás, e non é o caso en ningunha de nós. Supoño que gustar… claro que gustaría (a máis de unha probablemente) pero é moi difícil.
Nestes momento podemos dicir que temos a dúas xogadoras como semiprofesionais xa que están a adestrar coa Selección Galega Sub-15. Só neste caso podemos dicir que poden ter posibilidades nun futuro.
Credes que está sentada unha base sólida prá consolidación do fútbol a nivel feminino no noso pobo? ou aínda queda moito por andar?
Base sólida como tal aínda non hai pero sí un importante inicio e con gran forza, que penso que fará historia no fútbol pontés. Esta base favorecerá a continuidade sen dúbida, sempre e cando permaneza o apoio e interese do clube, así como a súa promoción por parte da sociedade pontesa.
Deportivamente, ¿en que evolucionastes dende o voso debut contra o Friol ata hoxe?
Pois aquel partido, que parece que foi fai moito tempo, foi de toma de contacto. Ese día, facía un mes que comezaramos a adestrar, polo que o que é de fútbol sabíamos o xusto e necesario: colocación básica, regulamento…
Agora, aínda que non somos unhas profesionais do fútbol, podemos dicir que sabemos de que vai o tema e as instruccións que recibimos dos adestradores xa non son tan básicas.
En posteriores tempadas, ¿os vosos obxectivos serán máis ambiciosos?
Co interese e ilusión que se desprende os obxectivos serán sen dúbida máis ambiciosos pero sen esquecer que somos un equipo novo e con moito camiño por diante, polo que sería suficiente un bo papel. De momento o importante é manter ao equipo durante moitos anos para que as novas xeracións de rapazas poidan practicar este deporte se o desexan.
Cal é a filosofía de fútbol que vos inculca o adestrador? Fútbol de ataque, catenaggio, “tiki-taka”…?
Somos un equipo moi novo que aínda está aprendendo, nunha competición na que existen unhas diferenzas de nivel entre equipos bastante importantes (o cal se pode apreciar na táboa de clasificación e no gol average), o cal lle obliga ao adestrador a plantexar cada partido dun xeito diferente, cun esquema e unha filosofía específicas da situación.
¿Canto tempo lle adicades ao equipo cada semana?
Pois 6 horas semanais aos adestramentos (2 horas luns, mércores e venres) e na fin de semana case unha xornada completa de domingo para os partidos.
¿Resúltavos difícil atopar con quen xogar ao fútbol fóra desta liga e sin ser có equipo?
Pois a verdade é que pola nosa comarca non abundan os equipos femininos pero se nos imos ao territorio galego en xeral si hai en abundancia. Para xogar fóra da liga a fútbol xa non é tan doado pero si no caso do fútbol sala, xa que hai máis facilidade para organizar competicións extraoficiais, reunir xente…
Neste apartado merece opinión Patricia Dopico, a nosa primeira capitana, unha veterana no mundo do fútbol e do fútbol sala.
“A min non me resultou nunca difícil a fútbol sala, xoguei na Coruña nun equipo de fútbol sala tanto en liga Local como en Provincial, en liga universitaria nun equipo de rapaces da miña facultade, etc etc A fútbol campo tamén xoguei en liga universitaria, xa que non che poñen ningún problema en que os equipos sexan mixtos, pero bueno,… co brutos que eran e o que lles molestaba que unha rapaza lles quitase o balón, na segunda xornada xa me lesionaron para un mes e medio, e decidín non volver a xogar ese ano”.
Xa para finalizar, cal sería o titular de xornal que vos gustaría ler ao final da tempada?
“O C.D. As Pontes Feminino: equipo revelación da tempada no grupo 1º da liga autonómica” ¿Estaría ben non? Pero somos conscientes do esforzo e experiencia que isto esixe así que teremos que agardar…

También podría gustarte
Comentarios