Unha fin de semana para validar o bo resultado do primeiro clasificatorio para o equipo nacional 2013

Miguel Alvariño comeza este venres o segundo clasificatorio, despois do cal, se decidirán os seis arqueiros que poderán pelexar en vindeiras ocasións polas tres prazas do equipo nacional para o ano 2013. Nesta ocasión o lugar onde se celebrará será o novo campo de tiro da Residenca Juaquín Blume de Madrid, no Campus da Universidade Complutense.
Cabe destacar que o arqueiro pontés do Clube Sílex vai quinto despois do primeiro clasificatorio celebrado en Madrid os días 12, 13 e 14 deste mesmo mes. Avantaxa en 4 puntos ao sétimo clasificado, primeiro dos descartados dos participantes. Polo que deberá manter un bo nivel para non se ver relegado fóra dos postos que lle dan opción a seguir en liza.
No programa do clasificatorio terán que facer dúas rondas FITA na xornada do venres, e o sábado enfrontaranse todos contra todos ao igual que farán o domingo para finalizar. Miguel ten posibilidades reales de manterse, pero terá que estar moi concentrado.


Nova cortesía Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios