A xogadora pontesa Carla da Silva Castro xogará este domingo coa selección galega sub23 nun partido contra Castela León.
Carla milita no Crat Universidade de A Coruña, campión da Liga Regular con 7 puntos de ventaxa sobre Inef Barcelona e Olímpico de Pozuelo, e que xogará as semifinais contra o GE i EG de Girona.
O encontro da selección galega levarase a cabo este domingo en Ourense ás 14:00 horas e 25 son as xogadoras convocadas:
Campus Ourense: Tais Feijoo, Iria Dopazo, Natalia Almeida, Sofía Caldas, Eva Robledo, Rebeca Otero.
Crat: Carla Da Silva, Arguiñe Belacortu, Natividad Vázquez, Olaya López, Nerea Fernández
Universidade de Vigo: Carmen Mariño, Nerea González, Azucena Alonso
Muralla de Lugo: Lucía Corrales, Pilar Moreno, Judith Hernández
Os Ingleses Vilagarcía: Marta Ríos, Iria Vázquez, Ana Elies
Coreti Lalín: Patricia Lamas, Laura López, Nuria Diéguez
Zalaeta Arteixo: María Fuentes, Irina Díaz
Nova cortesía de Xose Ferreiro