Unha tarde completa de eliminatorias na UDC

Aproveitando a xornada festiva do 8 de decembro o Clube Universitario de Tiro con Arco da Coruña organizou o I Trofeo de Eliminatorias da UDC no que se xuntaron 88 arqueias e arqueiros das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra. A competición realizouse por modalidades de arco recurvo, arco composto e arco tradicional en categoría absoluta.
Do Clube Sílex, Xaquín Mira foi o único participante en arco composto, onde comezaban repartidos en dous grupos nos que desputaron unha liguilla dentro de cada un para decidir logo o posto polo que poderían loitar na eliminatoria final. O resultado foi un segundo posto por detrás de Guillermo Rodríguez de Arco Ferrol.
O resto de compoñentes do Sílex desputaban o trofeo en arco recurvo, que entre o alto número de participantes fixeron que a tarde tivera os seu altibaixos. Con Borja Barro no posto 40º, Cristina Castro no 38º sendo infantís os dous. Adriano Romero, veterán, finalizou de 30º; Javier Vázquez e Carlos Romero, senior os dous, foron 16º e 11º respectivamente, mentres o cadete Daniel Castro foi 10º. Miguel Alvariño, xuvenil de primeiro ano, gañou na modalidade despois de vencer tódalas eliminatorias que desputou na tarde.
I-Torfeo-de-Eliminatorias-da-UDC-01.jpg


I-Torfeo-de-Eliminatorias-da-UDC-02.jpg
I-Torfeo-de-Eliminatorias-da-UDC-03.jpg
Nova cortesía do Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios