II San Silvestre Pontesa

Cartel-San-Silvestre-2012.jpg


Cartel-San-Silvestre-2012b.jpg
REGULAMENTO:
1. O Concello de As Pontes e o Clube Atletismo Olympo organizan a II San Silvestre Pontesa, que se celebrará no centro de As Pontes o 31-12-2012 a partir das 16:00. Trátase dunha proba festiva para disfrazarnos e divertirnos para despedir o ano, polo que dende a organización agradecemos e premiamos que cada atleta saque o seu mellor disfraz para participar na proba.
2. A saída e a chegada farase nas inmediacións do CEIP Sta.María, fronte o parque municipal.
3. A organización contará coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, Abrente e a Concellería de Cultura e Servizos Sociais.
4. Teremos servizo de duchas nas instalación do polideportivo municipal (A Fraga)
5. INSCRICIÓNS: no correo: atletismoolympo@gmail.com
no tfno: 636517299 (Susana)
Indicando os seguintes datos:
Nome e Apelidos
Data de nacemento
DNI
Club
Nome do grupo se participa no disfraz de grupo
Inscricións ata o día 30 de decembro. (Non se faran inscricións o día da proba).
6. A recollida de dorsais farase o 31 de decembro a partir das 11:00 na carpa situada no CEIP Sta.María e ata media hora antes de cada proba. Prégase que se recollan os dorsais o antes posible para dinamizar a proba e facilitar unha boa organización.
7. CATEGORÍAS:
Biberón: 50 metros (2008 a 10)
Prebenxamín: 130 metros (2006-07)
Benxamín: 500 metros (2004-05)
Alevín: 500 metros (2002-03)
Infantil: 1000 metros (2000-01)
Cadete: 1000 metros (1998-99)
Absoluta: 5000 metros (1997 e anteriores)
Andaina: 2500 metros
8. PREMIOS:
*Premio ó mellor disfraz das categorías infantís. Vale por 50€ en Don Dino
*Premio ó mellor disfraz da categoría absoluta. Vale por 150€ en Deko Logas.
*Premio ó mellor disfraz de grupo. Vale por 200€ en Grupo Tú.
*Diploma conmemorativo a tódolos participantes das carreiras infantís.
*Medallas para os 3 primeir@s participantes das carreiras infantís.
*Trofeo para os 3 primeir@s participantes da carreira absoluta.
–** Sortearanse dúas TABLETS cortesía de Galiorient e óptica Carmela entre todos os participantes
–**Sorteo de unha cesta de Nadal a través dunhas rifas que se venderán durante todo o mes e o mesmo día da proba
–**Agasallo de guantes e braga polar cortesía do Concello de As Pontes (proba absoluta)
–** CHOCOLATE QUENTE para todos os participantes!!
9. Servizo de Animación infantil.
Ofrecerase servizo de animación infantil para os nenos que participen nas carreiras infantís e que os seus pais ou titores corran na carreira absoluta o na andaina. Máximo 30 plazas, por riguroso orde de inscrición, antes do 27 de decembro indicando:
*Nome e apelidos do neno
*Data de nacemento
*Tfno. de contacto
*(Firma de autorización o mesmo día da proba)
No siguiente correo: ana.alonso@aspontes.org
Ou no tfno: 667192099 (Ana)
Nova cortesía de Susana Castro

También podría gustarte
Comentarios