UNIVERSIDADE SENIOR NAS PONTES

Esta mañá asinouse un convenio de colaboración científica e cultural entre a Universidade da Coruña e o Concello das Pontes,

Presentáronse as XORNADAS DE FORMACIÓN UNIVERSITARIA PARA MAIORES DE 50 ANOS. A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior As Pontes (https://udcsenioraspontes.wordpress.com/ ) O programa formativo consta de tres módulos, impartidos por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán a idea da Sustentabilidade a través de sesións teóricas e sesións prácticas ou saídas de campo, as seguintes temáticas e calendario:

MÓDULO I. Sustentabilidade Social e Económica. 23 e 30 Xaneiro, 6 Febreiro de 2019 e 3 de abril.

  • 23 de xaneiro, de 17 a 19 horas: Socioloxía, a cargo da Prof. Obdulia Taboadela.
  • 30 de xaneiro, de 17 a 19 horas: Sustentabilidade e Economía Circular, a cargo da Prof. Marta Rey.
  • 6 de Febreiro, de 17 a 19 horas: Paisaxe Cultural, a cargo do Prof. Fernando Agrasar.
  • 3 de abril. Visita a Sargadelos (Cervo) acompañados polo Prof. Fernando Agrasar.

MÓDULO II. Sustentabilidade Ambiental. 13, 20 e 27 de Febreiro e 27 de marzo de 2019

  • 13 de febreiro, de 17 a 19 horas: Educación para a Sustentabilidade. Pegada Ecolóxica e Hídrica, a cargo do Prof. Pedro Vega.
  • 20 de febreiro, de 17 a 19 horas: Novos materiais sostibles, a cargo do Prof. Fernando Martinez.
  • 27 de febreiro, de 17 a 19 horas: Recuperación do lago das Pontes, a cargo do Prof. Jorge Delgado.
  • 27 de marzo. Visita o Lago recuperado das Pontes e zona mineira, acompañados/as polo Prof. Jorge Delgado.

MÓDULO III. Saúde e Benestar. 6, 13 e 20 de Marzo e 10 de abril de 2019

  • 6 de marzo, de 17 a 19 horas: Educación para unha alimentación e nutrición saudable e sostible. Prof. Francisco Pita.
  • 13 de marzo, de 17 a 19 horas: Actividade Física e Ergonomía, a cargo da Prof. Isabel Raposo.
  • 20 de marzo, de 17 a 19 horas. Ferramentas para o control do Estrés, a cargo do Prof. José Mª Rolón.
  • 10 de abril. Actividade práctica relacionada có exercizo da relaxación, a cargo do Prof. Jose Mª Rolón.

Non é necesario cumprir ningún requisito académico

Nova cortesía do Departamento de Cultura

También podría gustarte
Comentarios