Amigus
As Pontes

UPDATED: 1º CONCURSO FOTOGRÁFICO POSICION B

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Era importante sinalar para os de fora dAs Pontes que o día dA Fraga é o 25 de Xullo neste pobo, na provincia dA Coruña, ó pé do río Eume… ainda que dende algo asi coma unha semana antes se empezarán a facer xa cabanas… Tamén o día 23 deste ano se celebra o alí, nA Fraga, o Festival NabizaRock, e o 24 á noite, o xa Popular Festival Folk da Fraga…
Ala señores a participar, que hai 3 premios.

concurso.jpg


A Asociación Fotográfica dAs Pontes Posición B, de recente creación, e co motivo da conmemoración do centenario da Festa dA Fraga (1904-2004), organiza este primeiro concurso que leva o seu nome, tendo como tema esta vez, dita festa.
BASES:
TEMA
– Festa dA Fraga 2004, e todo o respectivo a ela; non serán válidas fotografías doutros anos.
PARTICIPANTES
– Poderán participar tódalas persoas do mundo.
TÉCNICA
– Poderase utilizar calquer técnica fotográfica. Non cabe a posibilidade de retoque ou composiciónposterior á toma da fotografía, non obstante será valido realizar axustes na imaxe, perspectiva, color, contraste… tanto analóxica, como dixitalmente.
ENTREGA
– Copias en papel 30×40 cm, dentro do cal, a imaxe pode estar noutro tamaño, posición e/ou proporcións.- Os participantes poderán entregar ata 5 fotografías.
– As fotografías levarán por diante ou detrais o nome do autor e o número do 1 ao 5, según corresponda.
– A entrega farase dentro dun sobre pechado ou similar, no que irá unha fotocopia do DNI do autor e nesamesma folla da fotocopia constará escrito: o número de fotografías, os titulos no caso de que os teñan, teléfono, e se é posible e-mail.
– O prazo de entrega rematará o xoves 30 de setembro de 2004
– Os participantes farán a entrega na Biblioteca Municipal dAs Pontes, Praza de América s/n 15320 As Pontes. Telefono: 981 452 417, ou enviala ao mesmo lugar por correo ou axencia indicando remite.
DEREITOS
– O concursante debe se-lo autor das fotografías enviadas ao concurso así como facerse responsable deloen calquer caso ou circunstancia que puidera surxir.
– As copias fotográficas entregadas non serán devoltas, pasarán a ser propiedade da AsociaciónFotográfica dAs Pontes Posición B, podendo publicalas libremente citando sempre o nome do autor.
XURADO
– Estará composto por xente cualificada para elo, e por xente que coñeza a Festa dA Fraga.
PREMIOS
– As fotografías valoraránse individualmente, podendo un autor obter varios premios.
– Os premios serán tres, podendo resultar unha mesma fotografia premiada máis dunha vez:
– mellor fotografía – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – 250 euros
– fotografia representativa dA Fraga – – – – – – – – – – – – – – – – – – 150 euros
– fotografía denuncia ou comportamento exemplar – – – – – – – – 150 euros
– O xurado podería declarar desertos un, varios ou todos os premios, se asi o consideraran oportuno
– A deliberacion farase públca en setembro na web www.as-pontes.com asi como na radio e tv locais, adata e lugar de entrega dos premios, tamén se fará pública entón.
A participación supón a aceptación destas bases, mais información: posicionb@hotmail.com
Baixar bases en PDF aquí.
As fotografías presentadas poderemos velas expostas nesta web.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios