A proposta é a realización dun proxecto ao redor do tema do urbanismo emocional composto por:
– Un obradoiro de videocreación onde cada participante realice unha peza audiovisual dende a xeración da idea, a rodaxe e a edición.
– Estes proxectos estarán recollidos nunha páxina web onde se poderán difundir os vídeos resultantes do obradoiro.
– Destinatarios: Veciños das Pontes maiores de 16 anos, non fai falla experiencia previa no audiovisual, só un nivel de usuario de informática.
No obradoiro disporás dos medios necesarios para realizar o curso.
Datas e horarios: do 18 de abril ao 20 de xuño. Luns de 10:00 a 13:00 h
Inscricións:
No dpto. De cultura (Casa Dopeso) ata o xoves 14 de abril
prezo da inscrición 20€ – prazas limitadas
Nova cortesía do departamento de Cultura do Concello das Pontes