Amigus
As Pontes

O FUTBOLISTA BENXAMÍN PONTES DAVID CARBALLO, CAMPIÓN CO DEPORTIVO DA CORUÑA

Tras gañar este mércores ó Betanzos, 4-1, e alcanzar os 61 puntos. 

O futboilista pontés David Carballo Criado, que milita no Benxamín do Deportivo de A Coruña, gañou esta semana a Liga Benxamín da Primeira Comarcal, no grupo A Coruña-Mariñas.

E fíxoo tras vencer entre semana este mércores ó Betanzos, 4-1, en partido adiantado, alcanzando o equipo herculino os 61 puntos. O segundo clasificado, o Ural do mítico Paco Buyo, entre outros, ó que lle quedan catro partidos, de gañalos, podería chegar a empatar co conxunto deportivista, pero este tería o goal average a favor, pois gañou 5-2 na casa e 0-5 en cancha do Ural, polo tanto xa é campión matemático.

O equipo deportivista, a falta de tres partidos, leva unha inmaculada traxectoria de 20 triunfos, por tan só un empate, 1-1 ante o sétimo clasificado, Imperátor Oar “A”, con 172 goles a favor por tan só 11 en contra.

David, que se iniciou no CD As Pontes, suma 20 partidos na Liga coa elástica deportivista anotando 14 tantos.

A falta de catro xornadas para o final, clasificación encabezada polo Deportivo da Coruña “A” (61), seguido de Ural “A” (49), Victoria “A” (47), Calasanz “A” (44), Luis Calvo Sanz “A” (43), Betanzos (35), Imperátor Oar “A” (32), Olímpico “A” (21), Rayo Sadense “A” (19), Atlético Arteixo “A” (15), San Tirso “A” (12), Sporting Cambre “A” (9) e pecha Orillamar “A” (4).

deporbenjamin1

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios