Esta fin de semana disputase o V Torneo de Fútbol Sala de Base Festas do Carme 2018, nos Pavillóns Municipal, Monte Caxado e A Magdalena.
Organizado polo Esteo, o Concello e a Comisión de Festas, o sábado terá lugar a primeira fase e xa o domingo na Fraga serán as semifinais pola mañá e as finais pola tarde.
Participan o equipo local do Esteo, O Parrulo Ferrol, Academia Redblue 5 Coruña, Distrito V Coruña e o Begonte, nas categorías Infantil, Alevín, Benxamín e Prebenxamín. Tamén haberá unha exhibición de biberóns.
Nova cortesía de Xose Ferreiro