V XUNTANZA DE VECIÑOS DA PARROQUIA DE VILAVELLA

O pasado sábado, 27 de agosto, celebrouse a carón da igrexa da Vilavella a quinta xuntanza de veciños desta antiga parroquia pontesa. Máis de 250 persoas procedentes das desaparecidas aldeas hoxe afincadas na propia vila e nos concellos da comarca, así como veciños dos lugares que aínda existen nesta parroquia e outros vidos dende Vigo, Ferrol, A Coruña reuníronse nunha animada xornada de confraternidade e convivencia.
O reencontro de veciños, de amigos da infancia, de coñecidos, todos cuns anos máis ás costas, escenas de apertas e bicos fóronse sucedendo segundo ían chegando ó lugar, que non podía ser outro que o que escribiu a historia desta parroquia, onde sempre se celebrou a festa, a Vilavella, ó lado da súa antiga igrexa, á beira do río Eume. Á cita non faltou, un ano máis, o señor Rivera, que ós seus 91 anos amosaba unha eterna xuventude.
A xornada, que estivo acompañada dunha boa climatoloxía, comezou cunha misa e posterior procesión, seguida de música do Grupo Enclave e o xantar a base de polbo á feira e carne ó caldeiro, acompañado dun bo viño tintorro galego. Como en anos anteriores, tamén houbo unha exposición de fotos antigas con escenas familiares, eventos sociais, festividades, vodas, primeiras comuñóns e labores do campo. Á noitiña proxectouse unha montaxe de fotos antigas.
vilavella_001.jpg


A PARROQUIA DE VILAVELLA
A parroquia da Vilavella é de forma irregular, cun territorio estreito e alongado que vai dende a propia igrexa ata a aldea de Rámez situada ó norte. Linda ó norte co concello das Somozas, ó sur coa parroquia de Ribadeume, ó leste coa das Pontes e ó oeste coas de Espiñaredo e Goente. Ten uns 31 quilómetros cadrados nos que viven 199 habitantes, repartidos nos lugares de Alimpadoiros (7 hab.), O Bidueiro (6), A Carballeira (6), O Castelo (3), Cheiván (3), A Esfarrapa (10), Maciñeira (19), Penapurreira (4), Rámez (3), O Reboredo (9), Saa (96) e Vila (33).
A mina, hoxe convertida en lago, e a escombreira ocupan gran parte do seu territorio, sendo o norte montañoso, destacando a Pena da Fonte Roiva (582 m) e o Monte da Cartilida (523 m). En canto ós ríos, os principais son o Eume, Ponte da Pedra (dende Veiga canalizado) e o de Maciñeira e os regos de Cheibán e da Esfarrapa.
A parroquia da Vilavella foi unha das que máis sufriu a desaparición do seu territorio e das súas aldeas, debido á explotación da mina, como Acivido, Almigonde, A Barosa, Carracedo, A Cartilida, O Casal da Boa, A Casa Longa, O Castro da Uz, Ferreira, O Meidelo, Os Mouros, O Outeiro, A Palloza, A Parrocha, A Picheira, A Ponte da Pedra, O Portorroibo, O Ribeirón, O Vilar e A Vilavella-Igrexa, lugar que hoxe está deshabitado e do que só se conserva a igrexa, o cemiterio e varias casas restauradas sen uso algún.
Na Vilavella atopáronse vestixios dos primeiros asentamentos humanos, como un vaso campaniforme (6000 e 2800 a.C.) e un torques de ouro. Tamén existen mámoas, moitas delas desaparecidas, así como un castro con tres muros paralelos de protección que estaba no lugar do Castro da Uz.
A igrexa parroquial é do século XV, sendo a súa fachada do XVIII. No seu interior conserva un retablo (s. XVIII) e unhas imaxes talladas entre os séculos XV e XVII. En Saa, o lugar máis habitado da parroquia, construíuse en 1966 a capela da Nosa Señora do Pino e máis recentemente na aldea da Esfarrapa erixiuse a nova capela de San Cristovo, antigamente situada no Vilar e que fora construída no século XVIII pola familia Fresco, veciña de dito lugar.
Segundo o dicionario Madoz, en 1845 a parroquia da Vilavella contaba con 127 veciños e 630 habitantes, que gozaban dun clima benigno e saudable, repartidos nos lugares de Acebido, Maciñeira, Meidelo, Monte, Mouros, Sá e Vilabella. A súa igrexa parroquial estaba servida por un cura de entrada e padroado real e eclesiástico.
As súas festas celebrábanse de moi antigo a finais de agosto na honra a San Andrés, pois antigamente esta parroquia era coñecida como San Andrés do Bosque.
SAN ANDRÉS
San Andrés foi o primeiro apóstolo chamado por Xesús. Era irmán de Simón Pedro (San Pedro). Unha tradición moi antiga conta que o apóstolo Andrés foi crucificado en Patrás, en Grecia, que o amarraron a unha cruz en forma de X e que alí estivo padecendo durante tres días, que aproveitou para predicar e instruír na relixión a tódolos que se lle achegaban alí. A Igrexa honra a súa memoria o 30 de novembro.
É o santo patrón de Rusia, Romanía, Escocia, Grecia, Ukraína, Malta, Sicilia e das cidades de Huasquiña e Pica, en Chile, de Baeza (Jaén), das vilas de Pobladura de Pelayo García (León), Berlangas de Roa (Burgos), Ligüerzana (Palencia), San Andrés (Tenerife) e do porto de Sant Andreu del Palomar (Barcelona). En México venérase en San Andrés Tuxtla (estado de Veracruz) e en Perú é o patrón do pobo de San Andrés de Tupicocha (Huarochirí-Lima).
Vilavella, 27 de Agosto de 2011 (AF)
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
vilavella_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios