Antes de comezar o resumo destes encontros temos que felicitar ó Galicia de Caranza Cadete e ó Eume Deportivo Infantil, gañadores da Copa de Ferrol 2011-12 o pasado martes tras vencer ó Val (5-0) e Ortigueira (5-1) respectivamente no Campo de A Gándara, tamén felicitar ós finalistas.
Comezaba a mañá gañando 5 a 1 o conxunto infantil pontés ó cadro ferrolán do Ánimas, o que lle serve ós de Iván Rodríguez para marchar cuartos con 10 puntos á espera de visitar o vindeiro sábado, nestas xornadas futbolísticas nas que pais e cativos apenas poden disfrutar da ponte, ó segundo clasificado Portuarios, que ten 12 e marcha con 6 puntos menos que o líder Racing de Ferrol, pero con dous partidos aínda por disputar. Ambos conxuntos gañaron todos os seus encontros por goleada.
No encontro deste mércores a primeira metade acabou en táboas, pero nada máis comezar a segunda parte en dez minutos deixou sentenciado o encontro o cadro azul porque nese intervalo marcaron 3 goles, resultado que adornaron hacia o final ata rematar co definitivo 5 a 1, que podía ser algo máis abultado polas moitas oportunidades que tiveron os locais, que marcaron por medio de Josiño, que fixo un hat trick, Raquel e Adrián.
Xogaron Beto (A.Trastoy 60´), Alex Blanco, Martín, Jonatan (Alejandro 65´), Esteban, Jarel (Jorge 50´), Adrián, Iago, Jandro (Josiño 40´), Raquel, Jose (Antón 60´).
O cadro cadete pola súa parte suma a súa segunda victoria consecutiva tras vencer en casa ó seu gran rival na Liga Infantil do ano pasado, o Narón BP, por 3 a 0, tantos anotados ó pouco de comezar o encontro, e ó borde do descanso, por Brais Blanco e Diego Filgueiras, sentenciando na segunda metade David Rey.
Lideran momentaneamente a táboa con seis puntos, pois o resto dos equipos disputan os seus compromisos este sábado, e o vindeiro fin de semana teñen a súa primeira gran criba xa que visitan ó actual gañador de Copa, Galicia de Caranza.
Xogaron polo equipo dirixido polo támdem Roca-Bouza, Ángel Prieto, Alberto, Jandro, Caínzos, David Salido, Iván, Diego, Brais Blanco, Ángel Rooney, Nahúm e Alex Fernández. No segundo tempo saíron David Rey, Manuel, Brais Martínez, Óscar e Roberto.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.