Visita á Casa das Ciencias e o Acuario da Coruña

Os membros da Asociación de Veciños Vincallo do Cal da Avelaíña organizan unha viaxe á Casa das Ciencias e o Acuario da Coruña.


A viaxe está prevista para o sábado 18 de Outubro, con saída ás nove da mañá do local social.
Os prezos da excursión son de 15 euros para os socios, 18 para os non asociados e 8 euros para os menores de oito anos, e inclúen tanto o desprazamento, como o xantar e mailas entradas.
As persoas interesadas en participar da viaxe deben apuntarse nos teléfonos 981-45 15 72 ou no 981-45 24 10.
O prazo para inscribirse estará aberto ata que se enchan as prazas do autobús.

También podría gustarte
Comentarios