Viveiro-As Pontes (1-2)

Primeira vitoria do CD As Pontes nesta pretemporada, que onte gañou ó Viveiro (1-2), nun partido que estivo moi igualado e xogado con moita intensidade, sobre todo na primeira parte, período que non agradou ós 250 espectadores que asistiron ó encontro no campo de Cantarrana nunha tarde soleada e calorosa. Pese ós numerosos cambios, estivo moito máis movida e entretida a segunda parte, cun As Pontes superior a un peleón Viveiro, que puido acadar o empate en tres ocasións nos derradeiros minutos do encontro.
aspontes_2.jpg


Adiantaríase o As Pontes no minuto oito nun contragolpe que culminou Rebolo, empatando Cora no minuto 19 de partido logo dun erro de Marcos. Xa na segunda parte (minuto 25), nunha bonita xogada Jorge Parada marcaría o gol da vitoria do As Pontes, equipo que para este encontro contaba coas baixas de Bossa, Adriano, Kiko e Iván González. Arbitrou o partido o lucense Veiga López, auxiliado por Feijoo e Bruzos.
aspontes_3.jpg
VIVEIRO: Óscar, Esteban, Julio, Rego, Schuster, Juan Carlos, Erni, José Carlos, Pedreira, Pablo e Cora. Na segunda parte entraron Casal, Álex, Pedro, Aurelio, Anxo e Marcos.
AS PONTES: Marcos, Brais, Jorge, Gorgoso, Chote, Alonso, Rebolo, Carba, Parada, Dani e Suso Peña. No segundo tempo entraron Vicente, Esmorís, Rivas, Seco e os xuvenís, Antón, Donapetry e Fran.
aspontes_4.jpg
aspontes_5.jpg
aspontes_6.jpg
aspontes_7.jpg
aspontes_8.jpg
Ó final do partido o capitán do equipo As Pontes recibiu o trofeo da XXXII edición do “Cidade de Viveiro”.
aspontes_9.jpg
aspontes_10.jpg
EQUIPO XUVENIL: AS PONTES-NARÓN BP (4-2)
Tamén o cadro xuvenil da liga nacional disputou este venres pasado un partido amigable contra o Narón Balompé. O equipo de Carballo non tivo problemas para impoñerse con claridade ó cadro naronés por 4-2, con goles de Xavi, Ali, Borja e Cristian.
aspontes_1.jpg
Como nota negativa salientar a lesión no ombreiro do xogador do Narón, Aarón Vázquez, quen foi evacuado do Poboado nunha ambulancia do 061. Neste senso había certo malestar entre afeccionados naroneses que acudiron ó partido, pola forma de levar a xestión da evacuación do xoven xogador naronés.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios