Amigus
As Pontes

Voceiro do BNG das Pontes – Xaneiro 2007

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Por qué algúns queren facer creer que no Concello continúa o conflicto laboral?
Será porque estamos ás portas das eleccións, e o seu único fin é desgastar o Goberno Municipal do BNG?


Mirade veciños, a verdade, como todos sabedes, só ten un camiño, e no ano 2005 o Concello de ingresos ordinarios tivo 10,1 MILLÓNS de €, dos cales 3,9 foron para gastos correntes (reparacións de inmuebles e vehículos, aluguer de maquinaria, seguros, enerxía, combustibles e déficit de suministro de auga e recollida de lixo, etc.). No mesmo ano os gastos de persoal (salios e gastos sociais) ascenderon a 4,2 millóns de euros, o 41,58%, ou sexa que cada 100 euros que entran no Concello 41,58 son para persoal.
Como dixemos outras veces, o deber do Goberno Municipal é o de mirar polos intereses dos veciños e polo bó funcionamento do Concello, e non só por unhos poucos. Có BNG no Goberno Municipal, sempre se mirou polos intereses dos traballadores, ou acaso a promoción interna non é mirar polos seus intereses?; a equiparación salarial non é mirar polos seus intereses?; unha distribución xusta da productividade, tampouco?.
O Goberno Municipal do BNG sempre estivo, está e estará disposto a negociar, iso sí, respetando as sentenzas xudiciais, que por certo van saindo todas favorables para o Concello, ainda que no tema da xornada, dous representantes dos traballadores sairon nos xornais e na TV local, dicindo que GAÑARAN, e aos dous días estaban presentando recurso no xulgado, porque a sentenza decía ben claro que hai que traballar 37,5 horas á semana e non as 27, 29 ou 30 que nalgún caso estaban a facer.
Tamén nos gustaría deixar claras dúas cousas:
1.- Os que non acudiron á mesa de negociación foron os representantes dos traballadores dándolle plantón ao Concello que os esperou toda a mañá.
2.- Que no BNG non metemos no mesmo saco a tódolos traballadores; a maioría cumple perfectamente coa súa laboura, e só algúns embarcáronse, para defender certos privilexios, nun xogo político co fin de desgastar eleitoralmente ao nacionalismo galego.
Por último, o Goberno do BNG continuará coas medidas de mellora e equiparación salarial, cando as condicións económicas do Concello o permitan, namentras hai quenes prefiren seguir ancorados no “seu conflito”, que xa non é un conflito laboral e só busca un desgaste electoral.
E para iso úsase dende panfletos, pintadas, pegatinas e difamatorios, todo feito ás escuras, agachando a cara.
Tamén estraña o silencio da Oposición, que no seu día apoiou a reinvindicación de que todo seguise igual no COncello, é dicir, as 30 horas/semana, deberán aclarar se, de chegar algún día a gobernar, volverán á xornada de 30 horas. A cidadanía das Pontes ten dereito a saber a súa posición agora.
Pola nosa parte, dende o BNG, pesa máis a responsabilidade de gobernar As Pontes que a presión difamatoria que se recibe. Temos que seguir a crear oportunidades para a creación de emprego, para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas e para facer o noso pobo máis habitable, mesmo con máis paseos que o fagan agradable para vivir e para visitar.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios