Xa está dispoñible o sistema ‘Móvil Salta 2.0’ pra enviar sms gratis a varios kilómetros de distancia
Salta 2.0 é unha aplicación Java pra móbiles Wi-Fi coa que se poden enviar e recibir mensaxes de texto entre dispositivos que teñan instalada esta aplicación.
Gracias ao encamiñamento multisalto que ten este software será posible comunicarse tanto con dispositivos cos que se terá unha visión directa (Wi-Fi), coma outros dispositivos cós que non se manteña unha conectividade directa por falla de alcance ou presenza de ostáculos, sempre e cando existan móbiles intermedios entre orixen e destiño que poidan desempeñar funcións de reenvío da información.
Exemplo esquemático:
O terminal de Raúl está fóra da cobertura WIFI do terminal Antonio, polo que si lle envía unha mensaxe, este pasará primeiro polo terminal de Pedro; neste caso a comunicación da un salto.
O acuse de recibo utiliza a mesma técnica, pero a ruta e o número de saltos pode variar en función do que se movan os termináis. Pódese dicir que o terminal de Pedro fai de antena virtual pra que a mensaxe lle chegue a Raúl.
Máis info na web de móvil salta. (Nota: O programa non é gratuíto e é necesario enlazar coa web da empresa que o comercializa)