XANTAR DE EX-XOGADORES DO ANTIGO CLUB OS TRITÓNS DE SAA

O pasado sábado preto de medio cento de antigos xogadores do desaparecido Club Os Tritóns de Saa reuníronse nun xantar de confraternidade no Mesón O Martinez, de As Pontes. Esta foi a quinta edición desta xuntanza de irmandade de antigos xogadores, a gran maioría orixinarios de Saa e con bastantes anos máis ás costas, para lembrar vellos tempos da xuventude e dos bos momentos pasados xuntos practicando fútbol. En ocasións reforzábase con xogadores do Calvo Sotelo e Endesa, como Manolo Vilaboy, Bermúdez, Luciano, Dasilva, Pena, Calpita e outros.
A súa vestimenta era de cor verde e branca a franxas verticais e calzón branco. Primeiro xogaban en herbeiras para despois facer un terreo de xogo no lugar de Saa de Arriba.
tritons_de_saa_01.jpg
Os Tritóns de Saa –o barrio máis populoso da parroquia de Vilavella- foi un daqueles equipos non federados que existiron no concello das Pontes alá polas décadas dos anos sesenta e setenta do pasado século, que participaban, principalmente no verán, en encontros amigables nos torneos das distintas festas patronais das parroquias pontesas e arredores. Na década dos anos oitenta participou nunha liga chamada “pirata”, pois non tiña un carácter oficial. Desapareceu hai uns vinte cinco anos.
Outros equipos daquela época foron o das Campeiras, o Ribadeume, o do Meidelo, o Relámpago da Ponte da Pedra, a Unión Ximnástica da Casilla, etc.
tritons_de_saa_01.jpg


tritons_de_saa_01.jpg
tritons_de_saa_01.jpg
tritons_de_saa_01.jpg
tritons_de_saa_01.jpg
tritons_de_saa_01.jpg
tritons_de_saa_01.jpg
tritons_de_saa_01.jpg
tritons_de_saa_01.jpg
tritons_de_saa_01.jpg
tritons_de_saa_01.jpg
tritons_de_saa_01.jpg
tritons_de_saa_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios