Foliada no Lar – Febreiro 2011

Xa está case que todo ultimado para a arrancar a segunda Foliada do ano. Desta volta a organización corre a cargo do grupo Muxarega, que se fará acompañar de dous dos compoñentes do grupo Nubeira de Vilagarcía de Arousa, Luis María Álvarez e Xoacu Díaz, ademáis de outro grupo pendente de confirmación que virá a sustituir á agrupación Roupa Vella de Ferrol que en última instancia non poderá asisitir.
foliada.jpg


O grupo folk Nubeira formouse no ano 2000 e o seu estilo de música busca un son identificativo propio, fuxindo de estereotipos, pero sen deixar de lado os sons tradicionais de Galicia, así como as aportación de grandes grupos galegos coma Berrogüetto, Milladoiro ou Laio. No currículum de este grupo é descable o seu primeiro premio no concurso Galiza Sons Folk 2003 e segundo posto no V Concurso Folk “Cuarto de los Valles” de Navelgas (Asturias). Ten gravado o CD, “De Nubeira e outras verdades” (Sons Galiza).
Luis Maria Alvarez, líder de este grupo, é un músico multinstrumentista de Vilagarcia de Arousa. Comenzou a tocar a gaita os 4 anos estando vencellado os grupos de musica tradicional da zona durante moitos anos. É membro fundador dos grupos Arauca e Nubeira, e ten participado en diferentes producción folk. Na actualide dirixe o orfeón de musica tradicional Arauca de Vilagarcia, e atópase compoñendo e producindo temas para o seu novo proxecto musical.
Xoacu Díaz é un músico asturiano residente en Vilagarcía de Arousa, que actualmente exerce coma Mestre Titular de Música do IES A Basella de Vilanova de Arousa. Posúe o Título de Profesor de Acordeón por los Conservatorios de Oviedo y Barcelona, así coma os estudios de Grado Medio de piano no Conservatorio de Oviedo. Foi mestre de etnomusicoloxía e folklore, linguaxe musical e danza nas escolas de música tradicional de Valdés, Andrín y Porrúa (Llanes) e profesor de acordeón, linguaxe musical e piano en San Martín de Oscos, Vegadeo e A Pontenova. A súa fértil actividade profesional musical complétase coa súa etapa de director do Coro de Grandas de Salime e da Coral Cortegada.
Xoacu Díaz tamén é autor de obras orixinais, arreglos e colaboracións para diversos traballos de música tradicional, bandas de música, folk e rock, como Banda de Gaitas de Villaviciosa, Banda de Gaitas “Avanti Cuideiru” (Cudillero) , Banda de Gaitas de Taramundi, grupo folk “Boides” (finalista concurso nacional de Folk para Xóvenes Ex-aequo con Matto Congrio en 1992), grupo “Llan de Cubel”, ou a Banda de Música de Ribadumia.
A foliada dará comezo a partir das 22:30 e anímase a todo o mundo a acudir a ela, e participar da mesma cada quen co seu instrumento, ou cantando ou bailando.
Foliada-Lar-Febreiro.jpg

También podría gustarte
Comentarios