Club de Montaña O Caxado – Andaina polo Rio Belelle

O domingo día 20 o Club de Montaña O Caxado tiña programada unha saída para quen quixera acompañarnos a percorrer as terras do Rio Belelle, así que ala fomos 45 camiñantes a pasar a mañá disfrutando da natureza o deporte e a convivencia no marco das espectaculares paisaxes que o Belelle nos ofrece dende o seu nacemento as abas de Fontardión ata a ribeira de Neda donde remata o seu percorrido na ría de Ferrol despois de pasar por terras dos concellos de As Pontes, A Capela, Fene e Neda, deixandonos imaxes tan espetaculares como a fervenza no concello de Neda, o paraxe de Rio Coberto, na zona de Formariz, donde debido os desprendementos das grandes rochas das beiras o cauce do rio trascorre por debaixo delas nun tramo d’uns centos de metros.
belelle_20-2-11


Saímos as 8:30 da mañá do Polidportivo municipal e o bus levanos ata o cruce do Gallel onde comenzamos a camiñar un cuarto de hora máis tarde, ali collemos a subida cara Fontardión, aperitivo para entrar en calor, deixamos o cumio a dereita e baixamos en direción oeste ata chegar a estrada de As Pontes – Cabanas a cal cruzamos cara os herbales de Xasen donde chgamos ó Rio, e logo seguilo ben por unha beira ben pola outra ata rematar na Fervenza do Belelle, e logo de dous kms polo asfalto da pista da fervenza, chegamos o autobus a cloa da marcha pasadas as duas e media logo de camiñar 23 kms.
A maña comenzou moi ben para camiñar, pero foise tapando cada vez máis e cando a cola da marcha ía pola canle antes da fervenza, pillounos unha treboada con tronos e lostregos a esgalla que veu rematar nunha saraibada que mesmo a algun quentoulle as orellas, mentras os de diante pasabana ó abrigo no mirador que hai baixando á fervenza. Pero bueno, quitando algunha cuada debido o esvaradio do chan , este foi o pior do camiño e aínda así as tres e media estabamos na casa, secos e con fame.
No mes de Marzo faremos outra saída da que xa vos daremos conta polos medios habituais.
belelle_20-2-11
belelle_20-2-11
belelle_20-2-11
belelle_20-2-11
belelle_20-2-11
belelle_20-2-11
belelle_20-2-11
belelle_20-2-11
Nova cortesía de Chucho

También podría gustarte
Comentarios