Xaquín Lorenzo Fernández ‘Xocas’
[diadasletrasgalegas.com] Natural de Ourense, Xaquín Lorenzo Fernández máis coñecido como Xocas- naceu o 23 de xuño de 1907. Na súa localidade natal estudia Educación Primaria e o Bacharelato, e ten como mestre a Ramón Otero Pedrayo. Cursa estudios superiores de Filosofía e Letras (Sección Historia) en Santiago de Compostela, primeiro, e en Zaragoza, despois. Fillo do escritor e caricaturista José Lorenzo Álvarez, Xocas exerce a docencia en Ourense onde falece en 1989.
Incorporouse ó Grupo Nós con Risco, Florentino Cuevillas e Otero Pedrayo, colaborando na revista Nós que dirixía Vicente Risco. Xocas sería un dos encargados da montaxe do Museo Etnográfico que que desapareceu coa dictadura de Franco. Tamén foi membro do Seminario de Estudios Galegos (ó que accede cun estudio sobre o carro), da Real Academia Galega e presidiu o Padroado do Museo do Pobo Galego.
Prolífico etnógrafo e home de bo carácter, Xocas pertence á vella escola do galeguismo culturalista, demostrando un especial interese pola arqueoloxía. Xaquín Lorenzo chega tamén a coñecer moi directamente a escrita dos clásicos galegos e portugueses gracias á influencia do seu pai e á ferida de guerra durante a contienda Civil en España, o que lle obriga a permanecer unha temporada na cama.
Xaquín Lorenzo interesouse principalmente pola etnografía e o folclore galegos. Percorreu toda Galicia recopilando información para o seu libro Etnografía. Cultura material, que é o volume 11 da Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo.
En 1930 publicou xunto con Florentino Cuevillas- o libro Vila de Calvos de Randín, e entre os seus traballos figuran tamén Lápidas sepulcrales gallegas de arte popular; La Capilla y el Santuario del Santísimo Cristo de la Catedral de Ourense; Nosa Señora do Viso; La casa gallega; Cerámicas castrexas pintadas; Las habitaciones de los castros; O pastoreo na serra de Leboeiro; La capilla visigótica de Amiadoso; Deidades marianas en el Ourense romano; Vellas artes de pesca no río Miño; A casa; Distribucións dos xugos na Galiza; Metamorfosis dunha casa castrexa; La iglesia prerrománica de Santa María de Mixós; Cantigueiro popular da Limia Baixa; Sobre algunos saludos en gallego
Fonte: diadasletrasgalegas.com