09.-ALGUNHAS APLICACIÓNS DAS PLANTAS (IV)

DESEXO SEXUAL: Frixidez ou falla da libido: A falla de desexo sexual é un trastorno da sexualidade que afecta ós homes e as mulleres. Nun senso amplo defínese como a frialdade sexual ou falla de interese por manter unha relación sexual (anafrodisia), e incluso a necesidade de fuxir de calquera contacto sexual. Este termo foi substituído por outros, como falla ou perda da libido, falla de desexo sexual, desexo sexual inhibido.


6-DESEXO SEXUAL: Frixidez ou falla da libido: A falla de desexo sexual é un trastorno da sexualidade que afecta ós homes e as mulleres. Nun senso amplo defínese como a frialdade sexual ou falla de interese por manter unha relación sexual (anafrodisia), e incluso a necesidade de fuxir de calquera contacto sexual. Este termo foi substituído por outros, como falla ou perda da libido, falla de desexo sexual, desexo sexual inhibido.
Síntomas: incapacidade de chegar ao orgasmo, falla de desexo por manter unha relación sexual, repulsión para o contacto físico, etc.
Causas: son moitas as causas que poden levar á frixidez. Entre outras mentaremo-las seguintes:
Físicas: moitas delas dereitamente relacionadas coa menopausa que implica unha menor producción de estróxenos, unha menor producción de lubricante vaxinal, o que fai unha penetración dificultosa coa conseguinte perda do desexo sexual. Outras responden a diferentes patoloxías, coma o vaxinismo ou contracción involuntaria dos músculos vaxinais que impide a penetración ou que a fai dolorosa, que leva a unha perda do desexo sexual; outras, como a endometrosis, a vaxinites, etc.
Psicolóxicas: entre estas poderíamos mentar a falla de boa harmonía entre os membros da parella, manter unha relación pouco imaxinativa, na que se perde o interese pola parella. Outras das veces a existencia dunha educación moi puritana na que o acto sexual só se concibe coma un simple acto reproductivo e as relaciones sexuais son pouco abertas, chegando a considerarse coma un acto pecaminoso. Outras causas poderían ser o estres, problemas de traballo, relacións cos fillos, etc.
Descoñecemento do corpo feminino: o descoñecemento da sexualidade feminina por parte do home impide manipular aquelas zonas eróxenas coa suficiente “maña” para que a muller poda chegar ao orgasmo. Unha postura egoísta por parte do home que só busca o seu propio pracer sen ter en conta o da súa compañeira, pode conducir a que a muller perda o interese polo sexo e conducir a unha futura falla do orgasmo. A inxestión de drogas, medicamentos ou toxinas que rebaixan a libido, especialmente las que se utilizan para trata-la depresión.
Fitoterapia:
No caso de atoparse con este problema, a parella deberá manter unha mentalidade moi aberta, tentando falar sobre do problema para xulgar se a súa relación persoal é suficientemente boa para que podan sentir mutuamente atracción sexual. Un tratamento por parte do psicólogo ou psiquiatra que podan outorgar unha terapia axeitada para reconduci-las súas relacións será na maioría dos casos moi necesaria. A función principal da fitoterapia consistirá en utilizar aquelas plantas cuxa finalidade se traducirá en: plantas con propiedades afrodisíacas; axudar a supera-los problemas emocionais, tranquilizando á parella; plantas que fan mais agradable a relación sexual.
Uso interno:
-Alhova/Fenogreco: (Trigonella foenum – graecum) Aumenta a producción de estróxenos polo que resulta especialmente útil na menopausa. Cocemento de media culleradiña de sementes nun litro de auga. Tomar un vaso pola noite.
-Fiúncho: (Foeniculun vulgare) 10 gr. de decocción da raíz. Tomar 3 cuncas diarias. Maceración da planta en viño durante 15 días. Un vaso antes de irse a durmir.
-Perexil: (Petroselinum crispum) Aumenta a producción de estróxenos polo que resulta especialmente útil na menopausa. (Mergullar durante 45 minutos un par de vasos de perexil nun litro de auga fervendo. Apagar o lume e deixar repousar unha hora. Tomar un vaso antes de facer o acto sexual) Para ver as contraindicacións, consúltese a información completa sobre desta planta.
Precaución có perexil silvestre: Pode confundirse pola súa similitude coa cicuta.
Contraindicacións: Hipersensibilidade ó apiol. preñez, insuficiencia renal.
Efectos Secundarios: o aceite esencial, en doses extraterapéuticas, pode resultar neurotóxico e abortivo (debido o seu contido en apiol), orixinar gastroenterite, inflamación da parénquima renal con hemoglobinuria, metahemoglobinuria; arritmias e dano hepático. Polo seu contido en furanocumarinas fotosensiblilizantes, a planta fresca pode orixinar, trala exposición actínica, dermatites de contacto.
-Axedrea: (Satureja hortensis) Infusión dunha presa de follas por cunca de auga. Unha cunca pola noite. Espolvorexa-la carne co po de axedrea. Cocemento de tres culleradas de sementes nun litro de auga. Deixar arrefriar e facer masaxes na zona baixa do lombo.
-Esfondillo: (Heracleum sphondylium) Amolecemento da raíz en alcohol, durante semana e media. 20 gotas ó día repartidas en 3 tomas durante mes e medio, descansar catro días cada tres semanas. Perigoso durante a preñez e maila lactación.
-Cola: (Cola nitida) conten alcaloides estimulantes como a cafeína. Infusión d unha cullerada de po seco por litro de auga. Tomar tres vasos pequenos ó día. Non alonga-lo tratamento mais aló de mes e medio. Evitar o uso con problemas do corazón ou con hipertensión.
-Damiana: (Turnera diffusa var. aphrodisiaca) Cocemento durante 5 minutos dunhas follas nun litro de auga. Tomar tres cuncas ó día durante 7 días. Evita-lo seu uso no caso de preñez, nerviosismo, problemas cardíacos ou estomacais.
-Anís: (Pimpinella anisum) Un vaso pola noite da infusión dunha culleradiña de sementes moídas nun litro de auga) Non excede-la dose nin toma-la moito tempo para evitar efectos secundarios.
-Mentastro: (Mentha rotundifolia ) Infusión dunha cullerada de sumidades florais secas por cada vaso de auga. Tomar tres vasos no día, antes das comidas e durante 1 mes.
-Xinseng panax: (Panax ginseng) Utilizado como recurso tradicional para aumenta-la capacidade productiva do esperma, facendo mais doada a erección masculina. Tamén parece ser que aumenta a libido feminina. Tomar comprimidos preparados, ou tónicos con este compoñente. Dadas as moitas contraindicacións desta planta, especialmente se se teñen problemas cardíacos, hipertensión ou problemas estomacais e no caso de preñez, recomendase consultar cos especialistas. Parece ser que o seu efecto faise mais notable na compaña da iohimbina, un derivado da iohimbe (Pausinystalia yohimbe), planta que aumenta o rego da sangue no órgano masculino e no clítoris. Po-las súas múltiples contraindicacións consultar có médico antes de tomar este compoñente.
-Marihuana: (Cannabis sativa) Infusión dunha cullerada de sumidades florais por litro de auga. Tomar unha cunca repartida en tres tomas no día, durante dúas semanas. A plantación, e tráfico desta droga esta considerado ilegal no noso estado.
-Vainilla: (Vanilla planifolia) Amolecer durante 25 días, de 8 vainas secas nun litro de algunha bebida alcohólica. Tomar 15 gotas ó día repartidas en tres tomas diarias. Evita-lo seu uso no caso de preñez, nerviosismo, problemas cardíacos ou estomacais.
Uso externo:
-Ñame silvestre: ( Dioscorea villosa ) Suaviza a vaxina, permitindo unha mellor penetración. Bate-la polpa da froita, engadir un pouco de vaselina e unta-la vaxina.
-Axedrea: (Satureja hortensis ) Incrementa a libido. Cocemento de tres culleradas de sementes nun litro de auga. Deixar arrefriar e facer masaxes na zona baixa do lombo.
Aceite esencial de plantas estimulantes: O uso de aceite esencial para facer masaxes relaxantes antes do acto sexual axuda a elimina-la tensión, reduce o estres, permite unha maior comunicación entre a parella e aumenta o desexo sexual. Entre outras, podemos utilizar as plantas seguintes: rosa, rosa canina, menta, ilang-ilang, xasmín, sándalo, azahar, espliego ou sarxa romana.
Alimentación e desexo sexual: Alimentos que incrementan o desexo sexual:
Chiculate: (Theobroma cacao) Exerce unha función euforizante, estimulante, vigorizadora e predispón a un maior desexo sexual pola acción do compoñente feniletilamina. Comer un par de porcións antes de irse a durmir. Non resulta axeitado no caso de padecer de obesidade.
-Cacahuete: (Arachis hypoge) Aumenta o desexo sexual no home. Comer cacahuetes crus.
-Tomate: (Lycopersicum esculentum ) Comer tomates na ensalada.
-Xelea real: Pode tomarse so ou mesturada co polen. Ambolos dous estimulan os órganos xenitais, aumentando a exaculación e o desexo sexual.

También podría gustarte
Comentarios