XIV MARATÓN ESCOLAR ABRENTE 2014: FÚTBOL SALA : IV MEMORIAL MANOLO RIVAS

Esta fin de semana celebrarase o tradicional maratón escolar de fútbol sala, que vai xa pola súa décimo cuarta edición e que por cuarto ano consecutivo leva o nome de “Memorial Manolo Rivas”, persoa moi vencellada ás actividades escolares falecida en febreiro de 2011.
A organización corre a cargo da Coordinadora de Anpas Abrente, baixo o patrocinio do Concello de As Pontes.
En total participarán 335 deportistas de seis colexios da vila en categorías que van dende chupetes ata xuvenil. Os partidos disputaranse nos pavillóns do colexio Monte Caxado e o Municipal da Fraga dende o venres 25 ata o domingo 27.
Maraton-Escolar-Abrente-2014.jpg


Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios