XIV REGATA VILA DE AS PONTES: PABLO CABELLO E JAVIER LAGO CAMPIÓNS GALEGOS DE VAURIEN

Os vigueses Pablo Cabello e Javier Lago, do Club Náutico de Vigo, proclamáronse onte campións galegos da clase Vaurien trala disputa da terceira e derradeira xornada no lago de As Pontes. Os regatistas vigueses gañaron a derradeira manga, xa que se suspenderon a dúas primeiras por falta de vento.
Os actuais campións do mundo (Douarnenez, Bretaña, 2012), os irmáns Leirós, Jaime e Alfonso remataron a competición na segunda posición a tan só dous puntos dos campións, mentres que a parella formada polo asturiano David García e o vigués Antonio Pérez foron terceiros.
En categoría xuvenil foron primeiros Tirso Cerqueira e Mario Pérez, do Náutico de Vigo; segundos Alberto Viejo e Gonzalo Casal, tamén do Náutico vigués e terceiras Teresa Alonso e Paula Rodríguez, do Náutico de Sanxenxo.
Alejandra Suárez e Paula González, do Náutico de Vigo, proclamáronse campioas en categoría feminina, seguidas de Teresa Alonso e Paula González, do Náutico de Sanxenxo, sendo terceiras Cristina González e Ana García, do Náutico de Rodeira.
vela


O primeiro barco local foi o de José Guerreiro e Carla Martínez, que remataron a competición na undécima posición, mentres que Miguel Ferreiro e Luís Pita, que se estreaban na competición acabaron no posto dezaseis.
O campionato, organizado polo Club de Vela Fluvial de As Pontes baixo o patrocinio do concello pontés, resultou un éxito de organización e supón un gran aliciente para a práctica da vela no lago pontés. Os participantes quedaron moi satisfeitos da organización e eloxiaron o espazo natural no que se enmarca o lago, que resulta moi apropiado para a práctica da vela e outros deportes náuticos.
Resaltar que a esta XIV Regata Vila de As Pontes e o Campionato Galego de Vaurien 2013, achegáronse os regatistas de Euskadi Alain Arri e Iñaki Aranaga, do Club Náutico de Ondarribia, e os estremeños José Fernández e José Reyes, do Club de Vela Barlovento, de Moraleja (Cáceres). En total participaron unha vintena de embarcacións.
Ó remate da competición, o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, varios concelleiros, así como representantes de Endesa e da federación de vela fixeron entrega dos trofeos ós gañadores.
CLASIFICACIÓNS
Absoluta
1. Pablo Cabello e Javier Lago (Náutico de Vigo)
2. Jaime e Alfonso Leirós (Náutico de Sanxenxo)
3. David García (Asturias) e Antonio Pérez (Vigo)
Feminina
1. Alejandra Suárez e Pilar Amaro (Náutico de Vigo)
2. Teresa Alonso e Paula González (Náutico Sanxenxo)
3. Cristina González e Ana García (Náutico de Rodeira)
Xuvenil
1. Tirso Cerqueira e Mario Pérez (Náutico de Vigo)
2. Alberto Viejo e Gonzalo Casal (Náutico de Vigo)
3. Teresa Alonso e Paula González (Náutico de Sanxenxo)
As Pontes, 19 de maio de 2013 (AF)
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
vela
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios